A xornada disputada no festivo intersemanal resultou positiva para os novos conxuntos. O Polvorín prosegue coa súa boa xeira e gañoulle na Cheda ao Xuvenil de Ponteareas e o Racing Vilalbés acadou un triunfo de mérito diante do Somozas. O Viveiro, que recibía a visita do Barco, intratable líder, acadou un punto que sabe a vitoria.
O Polvorín mantense invicto logo de gañar diante do Xuvenil de Ponteareas (2-0).
O cadro adestrado por Álex Ortiz confirmou o seu gran comezo ligueiro cun triunfo solvente na Cheda, pero non exento de dificultade. O filial albivermello dominou o partido, pero costoulle abrir o marcador. O primeiro tanto non chegou ata o minuto 74, cando Julio rematou no segundo pao un centro lateral. Antes, ámbolos conxuntos contaron con achegamentos claros para acadar algún tanto.
Na segunda metade, o cadro visitante quedou cun xogador menos por dobre amonestación de Yago e nos últimos compases de encontro o Polvorín foi quen sentenciar por medio dun destacado Álex Ramos, que aproveitou un balón ao espazo e definiu con calidade diante de Dani Sampayo.
O Racing Vilalbés volve a gañar e faino diante do poderoso Somozas (1-0).
Encontro moi completo dun Racing Vilalbés que volveu gañar logo de tres semanas sen facelo, ademáis foi quen de manter a portería a cero por segunda xornada consecutiva.
A gran labor de todo o equipo chairego propiciou moitos roubos de balón en campo rival o que lles permitía lanzar perigosas transicións. O Somozas na primeira metade apenas inquedou a área de Ángel Fraga, mentras que os locales, sobre todo por banda dereita coas combinacións de Jose Varela, Javi Rey e Pedrosa xeraron moito perigo. O ribadense rozou o tanto en dúas ocasións, pero nunha o esférico saiu rozando o pao e noutra Kiko salvou aos seus cando o balón chegaba á liña. A sensación de perigo era constante.
O tanto non chegou ata a volta dos vestiarios. Foi precisamente Pedrosa, que comezou a segunda metade xogando por banda esquerda, que logrou o único tanto do partido. A conducción deste desde fóra hacia dentro rematou cun disparo que se colou pola escadra da portería de Marcos Souto. O Somozas, bastante contemplativo ao longo de todo o encontro, lanzouse a polo empate sobre todo nos últimos vinte minutos de encontro, pero apenas contou ocasións para lograr a igualada. Tan só Pablo Rey a balón parado un cun tiro desde fóra da área xeraron inquedanza na defensa racinguista.
Os de Simón Lamas tiveron algunha ocasión para sentenciar. Un man a man de Javi Varela que contou con claridade na definición, un disparo de Vela ou un posible penalti de Kiko sobre Otero foron algunas das máis claras.
Un doblete de Dani sírvelle ao Viveiro para arañar un valioso punto diante do líder (2-2).
Os de Valdeorras chegaban a Cantarrana sen ceder un só punto no que vai de liga, o que demostra o potencial dun Barco que este ano si que oposita claramente ao ascenso.
A primeira metade tivo alternativas no xogo, con dominio alterno e bastante igualdade. Comezou mellor o Viveiro, pero co paso dos minutos os visitantes merodearon con certo perigo a área local. A falta de dez minutos para o descanso, Javi Pazos abriu o marcador ao aproveitar unha defectuosa cesión de Agus ao gardameta. Óscar Martín e o propio Javi Pazos gozaron de ocasións para marcar, mentres que Tichu tivo a máis clara para o Viveiro.
Despois do paso por vestirarios, o cadro celeste acadou o empate. Xaime puxo un balón medido desde o córner e Dani conectou un testarazo ante o que nada pode facer Aitor Arias. Pero tan só dous minutos despois David Álvarez rematou con calidade dentro da área e fixo o segundo para o Barco. O seguintes minutos foron de dominio visitante e ben puido sentenciar cunha boa ocasión do ex do Polvorín Morais.
A falta de oito minutos para o final Manu Cedrón viu o cartón vermello ao protestar unha acción do colexiado, feito que marcou o tramo final do encontro. Tomy entrou para sustituilo no canto de Rolle e o gardameta lucense resultou determinante ao salvar aos seus en varias ocasións a tiro de Morais e Ivi Vales. Do que puido ser a sentencia chegou o empate. De novo nun córner e outra vez os mesmos protagonistas. Xaime sacou e Dani rematou, amosando unha temporada máis a súa faceta de goleador.