#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 252

Volve o fútbol amateur á provincia. O vindeiro domingo comezarán a temporada os clubes da Terceira RFEF, mentres que o día 19 o farán os lucenses da Preferente. Aínda así, non todos os equipos teñen pechados os seus cadros, en particular os da Primeira, Segunda e Terceira Galicia, que terán que agardar unhas semanas máis atá o día da súa estrea.

Porén, a primeira novidade chega desde a Preferente. Mauro Poratti, atacante con pasado en clubes do prestixio de CD Lugo, Racing Ferrol ou Racing Villalbés e que nos últimos anos defendeu a camisola do Ribadeo, está a adestrar coa SDC Residencia. Nas vindeiras datas saberemos se os branquiazuis contan co veterán xogador de cara á temporada.

Na Primeira Autonómica, a SD Burela recupera a un vello coñecido. Miguel Gomes volve ao conxunto no que se formou. Algo máis ao sur e unha categoría máis abaixo, o Muimenta anunciou a renovación dos seus defensores Julio e Iago.

Por último, no fútbol feminino, a SD Antas prepara o seu novo proxecto de cara á 21/22. A última peza do mesmo será Silvia, que chega ao Castro Seoane procedente do CD Lalín.



Diario dun mercado. Episodio 252

Diario dun mercado. Episodio 251

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *