Un triste e solitario gol deixou á Sarriana sen ascenso. Os de Jaime Paz fixeron os deberes ante o campión, con remontada incluída. Porén o triunfo do Sofán ante o Boiro por máis dun tanto (2-0) propiciou este triste desenlace. Os de Carballo xogarán na próxima Terceira RFEF.
A tarde revirouse á media hora de comenzar. Omar fallaba unha boa oportunidade e acto seguido, Nando pescaba en río revolto. Un compañeiro seu, en fóra de xogo, non participaba na xogada. O linier levantou a bandeirola e a defensa da Sarriana parou en seco. Nando, o máis listo da clase, seguiu ao estar habilitado e bateu a Javi Liz.


Tocaba remontar. Os de Jaime Paz reduciron o número de imprecisións e empataron nada máis iniciarse a reanudación. Diego Rey sacaba tallada dunha falta botada por Gerardo.
Sen tempo a dixerir o gol, un remate de Diego Núñez poñía en vantaxe aos sarriáns. Unha diferenza que non se incrementou máis. Os visitantes tentárono pero o ascenso foi parar a terras de Carballo.
No outro choque desta derradeira data, Edu Rodríguez viviu unha amarga despedida na Pinguela. Nova derrota dos monfortinos nesta fase ante un Atlético Coruña Montañeros que só se xogaba os tres puntos. Dous goles dos coruñeses no cuarto de hora final rubricaron o triste adeus de Edu despois de catro anos á fronte do histórico Lemos.

Resultados da xornada:
Lemos-Atlético Coruña Montañeros (0-2).
Noia-Sarriana (1-1).
