#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Once dos oitavos da Copa de Preferente e Primeira

Os equipos da Preferente Norte incorporáronse as eliminatorias da Copa despois de finalizar a temporada regular e xa houbo as primeiras sorpresas. Oito equipos desputarán a vindeira fin de semana os cuartos de final, pero antes repasamos os protagonistas dos oitavos no noso once.

Unha das sorpresas da fin de semana estivo na vitoria do Outeiro por 2-1 ante o Escairón. No conxunto de Juan Peón, Quique foi un dos máis destacados do encontro. Os locais conseguiron remontar o gol inicial de Rubén Díaz e xa agardan ao Lugo B na seguinte rolda. O conxunto de José Durán non deu opción a sorpresa e eliminou o Antas ao gañar no Castro Seoane por 2-4. Óscar Rivas e Dani Renda manteñen o ritmo e volveron ser dos máis sobranceiros no filial lucense.

Coa chegada da Copa xuntamos os futbolistas da Preferente e da Primeira para facer un once mixto

Outro dos resultados sorprendentes estivo no Chantada B 2-0 Residencia. O campión da Primeira quedou eliminado ante un dos conxunto que descendeu á Segunda Galicia. Álex Delgado e Xende foron dous dos grandes protagonistas do encontro para o conxunto local que se enfrontará nos cuartos ao Riotorto. O conxunto da comarca de Meira eliminou por 1-2 ao Pastoricense nun partido de proximidade. Play voltou ser un dos destacados do conxunto visitante ao que se lle puxo o encontro de cara xa no primeiro cuarto de partido cun 0-2 a favor. Alvarito foi o sobranceiro por parte do conxunto da Pastoriza.

No duelo de equipos descendidos da Preferente, o Lemos derrotou na Pinguela por 1-0 ao Chantada grazas a un gol de Diego Arias nos últimos instantes de encontro. O seu rival na seguinte eliminatoria será o Taboada que venceu por 4-1 ao San Ciprián na Medela. O dianteiro Moski foi un dos grandes destacados no equipo branquiazul.



A outra das eliminatorias dos cuartos de final desputarana entre o Monterroso e o Ribadeo. O conxunto de Cerdeiriños eliminou a un gran Bóveda (Javier Arias foi o futbolista máis destacado) nos penaltis  despois de empatar 1-1 nos 90 minutos e de que David «Chumi» salvara con dúas boas paradas ao seu equipo. Pola súa banda, o Ribadeo eliminou a Sarriana ao gañar por 0-2 nun partido de pouco fútbol no que debutou o xuvenil David Fernández polo cadro da Mariña.

 



Once dos oitavos da Copa de Preferente e Primeira

Diario dun mercado. Episodio 9

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *