#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Iago López accede á Segunda RFEF e Xusto di adeus a tempada

Se a semana pasada foi o Arenteiro, esta foi a quenda do Bergantiños. Se a semana pasada foi Víctor Eimil, desta volta tocoulle a Iago López. A provincia conta con cadanseu representante nos dous pases directos dos equipos galegos á Segunda RFEF. E aínda queda unha praza en xogo pola que pelexarán máis #LucensesNaTerceiraGalega. Seguro o Arousa de Ross, o Polvorín ou o Somozas de Aldán Naval. E optan a pelexar por ela o Racing Villalbés ou o Choco de Alberto Suárez. Queda unha xornada nos grupos de ascenso e play off.

Unha xornada que no grupo de ascenso veremos cando se xoga. Os encontros entre o Arousa – Somozas e o Alondras – Polvorín foron suspendidos este xoves. A causa inicial é un positivo no cadro de Ferroltera que implica que os dous partidos sexan aprazados xa que se xogaban en horario unificado por dependencia na clasificación.

Grupo ascenso:



O Bergantiños dependía de si mesmo e non fallou nas Eiroas. Venceu pola mínima ao Arousa e confima o seu pase á 2ª RFEF. Iago López volveu ser da partida e xogou todo o encontro. Agás cando estivo lesionado, o central monfortino contou sempre coa confianza de José Luis Lemos.

Iago López: «Creo que fixemos historia no Bergantiños»

O Bergantiños accede a unha categoría estatal 36 anos despois. Foto: twitter @BerganFC

Escucha «Iago López accede á 2ª RFEF co Bergantiños» en Spreaker.



No encontro non puido xogar Ross. O futbolista do Arousa cumpriu un partido de sanción por acumulación de cartóns. O cadro de Vilagarcía tentará asegurar o terceiro posto. Esa posición daríalle certa vantaxe nalgúns aspectos nas eliminatorias. Como xogar todos os partidos como local ou pasar en caso de empate.

A esa terceira praza ten opcións de chegar o Polvorín. Está a dous puntos logo de perder tamén co Arenteiro. O cadro do Carballiño pelexa ata a última xornada por ser campión. Julen, Dani Vidal e Marcos foron titulares no Anxo Carro. Martín entrou na segunda metade precisamente no canto do capitán. No cadro visitante, completou todo o partido o vilalbés Víctor Eimil.

A 5ª e a 6ª posición repartiranas entre o Somozas e o Alondras. De momento, o cadro de Ferrolterra ten vantaxe dun punto precisamente ao gañar o seu duelo directo desta pasada finde. Desta volta, Aldán Naval non tivo minutos no encontro xogado no Manuel Candocia.

Grupo play off ascenso:

O Racing Villalbés non puido certificar o seu pase as eliminatorias de play off. Pero o cadro vilalbés é o primeiro clasificado do grupo. Un punto por riba do seu próximo rival: o Estradense. E dous puntos de vantaxe con respecto ao seu rival da fin de semana: o Choco. Ademais de tres puntos de diferenza co Rápido de Bouzas. O cadro vigués púxose ao día e ten opción ata a última xornada.

O gol avarage entre o Racing e o Rápido está igualado nos duelos directos. E tamén bastante equilibrado no diferencial de goles. Máis seis para o conxunto racinguista e máis cinco para o colectivo de Bouzas.

Nove xogadores da provincia tiveron minutos no encontro do Racing. Dani Pedrosa marcou un novo gol para sumar cinco no que vai de curso. No cadro visitante Alberto Suárez volveu formar parte do once inicial e xogou todos os minutos.

En terra de ninguén atópase o Silva. O cadro coruñés perdeu os dous partidos que xogou nos últimos días co Rápido de Bouzas. A falta dunha xornada, a liga xa rematou para Xusto. O central focense xogou o domingo media hora logo dunha rotura de fibras. Pero xa andaba renqueante dun golpe no nocello que se inflamou aínda máis.

Grupo permanencia:

O Ourense CF lidera un grupo da salvación marcado pola igualdade nos primeiros postos e porque faltan aínda sete partidos para rematala competición. O cadro ourensán empatou ante o Arzúa no duelo de lucenses da xornada.

No Viso os tres lucenses foron titulares dende o inicio e completaron todo o encontro. Ás habituais titularidades de Álex Vázquez e Pedro Delgado uníuselle a de Brais Prieto, xogou o seu primeiro prtido completo en Terceira. No cadro ourensán non puido xogar Julio Delgado.

O Viveiro segue convertindo a Cantarrana no seu punto forte para conseguir a salvación. Derrotou no feudo viveirense a un rival directo como é o Barco. Ocupa o segundo posto do grupo empatado co Ourense CF. Trece xogadores da provincia gozaron de minutos no colectivo celeste. Volveu destacar a titularidade do xuvenil Trasi, terceira consecutiva. Arturo e Asier marcaron os goles.

O As Pontes sumou o primeiro punto da segunda fase. Empatou a un gol ante o Atios. Brais Vázquez foi suplente e volveu a titularidade o gardamallas Bugy.

Iago López accede á Segunda RFEF e Xusto di adeus a tempada

As nosas guerreiras da fin de semana

Iago López accede á Segunda RFEF e Xusto di adeus a tempada

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *