A pasada fin de semana foi histórica para o fútbol lucense. Racing Vilalbés Xuvenil «A» ascendeu á División de Honra, e Racing Vilalbés Xuvenil «B» e EF Polvorín infantil conseguiron o ascenso ás respectivas ligas galegas.Á vez, Polvorín e Residencia cadetes, así como Residencia xuvenil e Racing Vilalbés infantil asinaron a súa presencia nas segundas roldas das fases de ascenso ás Ligas Galegas.
Hoxe, Futbolinlugo falou con Brenan e con Francisco Caballero, adestradores e grandes artífices dos ascensos de Racing Vilalbés «B» e Polvorín respectivamente, para coñecer máis acerca dos grandes esforzos que fixeron os seus pupilos ao longo da temporada.
Fai un par de semanas, xa tiñamos como protagonista da nosa sección de fútbol base a Brenan. O seu conxunto viña de caer derrotado por 0-1 ante o Meirás na ida da eliminatoria polo ascenso. O adestrador aseguraba a confianza na remontada naquela pequeña entrevista, e un equipo formado por un gran número de xogadores de primeiro ano deu igualado a eliminatoria e conseguiu o ascenso nos penaltis. Velaquí as palabras de Brenan.
Futbolinlugo: Ola Brenan. Supoñemos que o ascenso é a recompensa ao traballo ben feito…


Brenan: Si, cremos que para a entidade este ascenso é tan importante como o do primeiro equipo á División de Honra.
Futbolinlugo: O obxectivo será manter ao equipo e continuar medrando como entidade?

Brenan: Si, o obxectivo non será outro que consolidar ao segundo equipo en Liga Galega, máis agora que o primeiro equipo conseguiu o soño de ascender á División de Honra. Non será o mesmo tirar dun rapaz que está competindo en Liga Galega para xogar minutos en División de Honra, que facelo estando en Liga Local.
Futbolinlugo: Contaredes con reforzos de cara á vindeira tempada?
Brenan: O groso do equipo será da casa xa que a maioría dos xogadores son rapaces de primeiro ano. Ademáis os cadetes que veñen xa están acostumados a competir en Liga Galega e reforzarán aínda máis se cabe o equipo. Se se fan incorporacións eu creo que deberían facerse para mellorar ao equipo de Honra.
Futbolinlugo: Destacaches o bo grupo que facían os rapaces. Souberon celebralo como debía?
Brenan: A verdade é que este fin de semana foi histórico para o clube cos dous ascensos. As celebracións prolongáronse durante todo o fin de semana. Este é un soño do que non queremos espertar, e no que Jorge Tato e Rosen tamén estiveron presentes. Isto vai por eles.
Futbolinlugo: Gracias por atendernos.
Brenan: A vós.
No caso do Polvorín, o conxunto adestrado por Caballero fixo historia, ao meter por primeira vez a un equipo na máxima categoría do fútbol infantil. Ademais, o ascenso foi cómodo. Os amarelos venceron por 0-2 na casa do correoso Imperátor da Coruña, e revalidaron triunfo na Polvoreira, derrotando aos herculinos por 2-1. Estas son as palabras de Caballero.
Futbolinlugo: Ola Caballero. Supoñemos que o ascenso reflicte o bo traballo do equipo ao longo do curso…
Caballero: Si, o que comezou coma un soño en agosto foi tomando corpo paseniño, sendo campións da Liga Local, asinando unha moi boa fase provincial, e rematando cunha eliminatoria moi dura ante o Imperator, pero a sacamos adiante con moito traballo.
Futbolinlugo: A superioridade no Provincial foi constantada ante o Imperátor. Apunta alto esta xeración de xogadores?
Caballero: Si, o Imperator era o favorito e foi unha eliminatoria moi competida, tanto alí como no Polvorín, pero nós demostramos un nivel de madurez e de traballo en equipo, xa que todo isto é mérito dos 25 xogadores que compuxeron o plantel.
Futbolinlugo: Trataredes de facer ao equipo un fixo na Liga Galega?
Caballero: Lograr mantenerse é o primordial. Hai que ser cautos, xa que a permanencia en Liga Galega é moi difícil de conseguir.
Futbolinlugo: Contaredes con novas incorporacións?
Caballero: Non sabemos nada aínda, pero sí tentaremos buscar algún xogadores.
Futbolinlugo: Sempre destacou o bo ambiente que se viviu con este conxunto. Tanto rapaces, coma nenos e adestradores. A celebración do ascenso, polo tanto, estaría á altura…
Caballero: É un dos puntos claves do equipo. A harmonía vivida en todo momento entre xogadores, país, clube… foi fundamenatl. Esta fin de semana viviuse un ambiente espectacular no Polvorín.
Futbolinlugo: Moitas gracias por atendernos.
Caballero: A vós.
Tanto Caballero como Brenan son dous exemplos de superación, e de constatación de que os froitos do traballo son recollidos tarde ou temprano. Noraboa a ambos!!!