Unha vez máis, a Xunta deu o visto bon para que se re-activen as competicións autonómicas, entre eles a Preferente Norte. A pasada semana informábamos neste portal web do formato que se adoptará na categoría: participación voluntaria, dous ascensos e ningún descenso. A RFGF deixou aos clubes unha marxe de algo máis dunha semana para decidir que farán. O vindeiro venres 26 ás 23:59 horas rematará a inscrición.
Como tema de actualidade que é, quixemos coñecer que farán os clubes da provincia: xogarán, non xogarán… e, a día 23 de febreiro, así están as cousas:
Club Lemos: La Voz de Galicia anunciou o pasado sábado día 20 que os monfortinos competirán. Buscarán plantarlle cara a calquer rival.


Atlético Escairón: hoxe decidirán. Ata o momento, a metade dos futbolistas quere xogar, e a outra metade, non.
SD Sarriana: como clube, quixeron competir co formato proposto en setembro, quixeron competir co formato proposto en xaneiro e queren xogar co formato proposto agora. Un sí certeiro.
SDC Residencia: tras unha reunión con todos os futbolistas o pasado sábado, gañou o sí. Sairán a competir. De feito, xa se atopan adestrando.

CD Santaballés: estes días haberá unha reunión de xogadores, corpo técnico e directiva para decidir que farán.
CD Foz: están a consultar cos xogadores a dispoñibilidade dos mesmos. O clube quere saír, pero en condicións de competir contra todos os equipos.
Ribadeo CF: tamén decidindo. Saberemos da man do seu presidente a súa decisión nas próximas horas.
Veremos se á terceira vai á vencida!!!!!