Chegou unha nova victoria a domicilio do PM Friol. As da Reigosa asaltaron o campo do Pozuelo de Alarcón (1-3) e deron un golpe de autoridade na loita pola permanencia no Reto Iberdrola. A falta de partidos aprazados por disputarse, as de Friol dispoñen dunha última jornada á que poden chegar con opcións de evitar a liguilla de descenso.
Pero agora a filosofía das futbolistas lucenses é clara: partido a partido. Así afrontaron o encontro deste domingo, e obtiveron resultados positivos. As rapazas completaron un excelente partido en todas as liñas ante un rival moi duro e nun duelo no que estaban sometidas a moita presión.
O PM Friol fixo unha gran primeira parte, na que dominou ás súas rivais e gozou de moitas opcións de gol, o que lle permitiu chegar ao descanso con superioridade. Na segunda metade o xogo foi máis igualado, pero as de Friol conseguiron manter a súa renda e conseguiron volver para a nosa provincia con tres puntos fundamentais (1-3).
A próxima semana, as da Reigosa visitan o campo do filial colchonero, o Atlético de Madrid «B», no último choque da fase regular. Porén, o clube remitiu un escrito a RFEF no que sinalan que non é xusto disputar a última xornada antes que os duelos que outros clubes teñen aprazados, posto que estes poden condicionar a posición final de todos os clubes. Manteremos informados aos nosos lectores da decisión que adopta a Federación.


O máis destacado:
Pese a que foi un gran partido de todas, a gran artífice da victoria foi LP, que conseguiu un hat-trick e está no seu mellor momento de forma do ano, xa que viu porta nos últimos tres partidos (nos dous últimos fixo tres goles).
A pichichi:

LP conseguiu tres goles, que a colocan no alto da táboa de goleadoras: 9 en total.
A frase:
O presidente do PM Friol, Ángel Villar, definiu o choque como «un choque no que o PM Friol foi superior ao Pozuelo polas ganas das xogadoras«.