Os medios de comunicación galegos tiveron esta mañá unha reunión telemática co presidente da Real Federación Galega de Fútbol Rafael Louzán e o seu equipo de traballo. Co obxectivo de respostar a todas as dúbidas e inquedanzas no relativo á «suspensión temporal» do fútbol e do deporte federado en xeral por parte da Xunta de Galicia. Aquí vos deixamos o máis destacado da mesma.
MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Teme a paralización do fútbol estatal non profesional?
REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL: Hai garantías para que poida seguir con normalidade pero seguimos a expensas da evolución da pandemia. Abordaremos esta situación nunha reunión que temos mañá coas territoriais españolas. Falaremos sobre esta situación pero penso que debera continuar. O que si poido adiantar é que na temporada 22/23 está previsto que todos os grupos da Terceira División Nacional teñan 16 equipos.
M. C: Hai unha data límite para decidir se se continúa competindo ou non?


RFGF: Traballamos en todos os escenarios, estamos co terceiro plan previsto. De iniciarse a competición poderíamos solaparnos coa temporada seguinte, mes de xullo. Queremos evitar meternos na seguinte temporada, pero podería darse. Intentaremos adaptarnos ás circunstancias que nos veñen. A nosa misión é que a xente xogue e compita e intentarémolo ata o final. Non queremos enfrontamentos de comunicados, buscaremos o consenso.
M. C: Cando e como se terían en conta os efectos clasificatorios?
RFGF: Hai que distinguir entre ámbito estatal e autonómico. Nas estatais tense que disputar o 100% da primeira fase e nas autonómicas o 50% das xornadas previstas para toda a competición.

M. C: É posible cuantificar a perda económica para a RFGF no caso de non iniciarse as competicións?
RFGF: Creo que a iso adelantámonos e moito. Temos garantizada a nosa solvencia coas xestións que temos feitas. Mañá cuantificarase nesa reunión coas territoriais.
M. C: Devolverá a RFGF o importe das licencias no caso de non comezar as ligas autonómicas?
RFGF: A RFGF non cobrou cantidade algunha aos clubs salvo o seguro pertinente para poder adestrar. Non se esixiu pago algún polo custe da licencia e da inscrición na competición. Vaise publicar unha circular COVID Número 2 con todas as respostas ás diferentes situacións que poden ter os clubs.