#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Polvorín e Viveiro comezan o 2021 con bo pé

O ano 2021 arrincou da mellor maneira para os conxuntos lucenses. Polvorín e Viveiro disputaron cadanseu encontro, aprazado no seu día por mor de algún positivo por Covid-19, e ámbolos dous equipos resultaron vitoriosos. O filial albivermello gañou con comodidade ao Fisterra na Cheda, mentres que os mariñáns venceron ao Silva en Cantarrana nun encontro máis axustado.

O Polvorín vence ao Fisterra e sitúase terceiro á espera do derbi ante o Racing Vilalbés (2-0).

O conxunto de Álex Ortiz dobregou ao Fisterra na Cheda no encontro correspondente á primeira xornada ligueira. O vindeiro mércores, día de Reis, disputará diante do Racing Vilalbés o último dos encontros adiados. O filial albivermello camiña con paso firme na Terceira amosando cada xornada un mellor fútbol, e con vinte puntos xa é terceiro na clasificación.



O encontro resultou máis cómodo do previsto para o Polvorín, ante un rival que apenas inquedou a portería de Julen.  De tódolos xeitos, costoulles aos lucenses xerar ocasións de perigo. Tentárono por dentro con combiancións entre Dani Vidal, Fidalgo e Iago Novo, que non deron os froitos agardados. A máis clara da primeira metade tívoa nas súas botas Cristian, que logo dun bo pase de Fidalgo, cruzou demasiado o balón.

Na segunda metade o Polvorín atopouse máis cómodo e xerou máis situacións de perigo por banda, sobre todo coas incursións do debutante Torrado.  Aos dous minutos da reanudación chegou o primeiro tanto, obra de Gabarre que rematou de cabeza un centro lateral na área pequena. O Fisterra buscou a igualada e deixou máis espazos que aproveitou o cadro local. Aos quince minutos Cristian puxo terra de por medio cun disparo desde fóra da área entrou axustado ao pao da portería de Iván Bouzón.

Nos últimos minutos puido ampliar a diferencia o Polvorín con ocasións claras de Torrado e Morais, pero non estiveron acertados na definición.



Un tanto de Rolle deulle ao Viveiro un triunfo vital ante o Silva (3-2).

Tres puntos moi importantes os acadados polo cadro mariñán nun céspede de Cantarrana case que impracticable polas adversas condicións meteorolóxicas. Os de Chusky pecharon así a primeira volta con dezaseis puntos e cun triunfo ante un Silva, rival directo pola permanencia, que queda con once.

Na primeira metade o Viveiro apenas xerou ocasións claras de gol. A única tívoa Tichu nos primeiro compases de encontro cun testarazo que marchou fóra por pouco. Os visitantes, aínda que non impuxeron o seu xogo, gozaron de ocasións máis claras para adiantarse no marcador. O focense Xusto e Rubén Rivera puxeron a proba a Manu Cedrón, que respostou con dúas boas intervencións.

Tódolos tantos quedaron para o segundo acto. Nen dous minutos tardou en chegar o primeiro. Asier conectou un potente disparo desde fóra da área ante o que nada pode facer o porteiro do Silva. Foi o primeiro tanto do ex do Foz coa camisola celeste na liga. O Viveiro gozou dos mellores minutos sobre o xa enlamado céspede de Cantarrana e deseguido chegou o segundo. Javi Rey realizou unha gran xogada individual e serviu para que Tichu empurrara o balón ao fondo das mallas. Puideron sentenciar os de Chusky. Xaime a piques estivo de facer o terceiro cun lanzamento que marchou lambendo o pao de Adrián Ríos. Pero o Silva meteuse no encontro logo dun penalti cometido por Dani Montes que converteu en gol Callón. A falta de quince minutos para o final, Souto en xogada indiviudal acadou o empate.



Coa vantaxe neutralizada parecía que volvían as pantasmas a Cantarrana, pero o recén incorporado Rolle convertiuse en protagonista. Aos catro minutos de acceder ao encontro, o canteirán rematou a gol un servicio de Facu. O propio Rolle deixou aos seus en inferioridade xa moi preto do final ao ver o segundo cartón amarelo.

Polvorín e Viveiro comezan o 2021 con bo pé

Tan só o Nuevo Nausti aposta por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *