#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O anecdotario: «A recomendación do descanso», por Belarmino López

Ano 2001. Belarmino nun partido de promoción de ascenso a Segunda División entre a Cultural Leonesa e o Xerez

Remontámonos á década dos 90, aos meus comezos como colexiado. Dirixía un partido, correspondente á Segunda Rexional, nunha localidade próxima a Monforte de Lemos. Omito o nome do equipo xa que é irrelevante.

Era un partido moi bronco, onde na primeira metade tiven que expulsar a un xogador local. Onde o público estaba moi alporizado coa miña actuación. Unha vez finalizada a primeira parte, estando eu dentro do vestiario, solicitou permiso para entrar unha persoa. Concedinlle autorización para entrar. De forma moi educada preguntoume se necesitaba algo. E que estivese tranquilo que aquí non ía pasar nada. Que eles aos árbitros sempre os trataban ben.

Posteriormente díxome: Vouche dar unha recomendación: se pitas a favor do equipo local (nome que vou omitir), mañá vouche poñer no comentario do xornal (El Progreso), que tiveches una excelente actuación. Así cando acabe a temporada seguro que ascendes”.



Esta foi a miña resposta: «Dame igual, relate o que queira«.

Contestou de novo, molesto: «Xa se che poño mal seguro que non ascendes. Como ti queiras, pénsao ben».

Saín de novo arbitrar a segunda metade…



O luns cando vin a prensa fun á información do partido. O cronista adicábame uns calificativos pouco agradables: «moi mala actuación, nefasto».

Era obvio que ao equipo local non lle favoreceu o resultado.

Belarmino López López. Excolexiado. Dos chifres máis destacados da provincia

O anecdotario: «A recomendación do descanso», por Belarmino López

Comezan as inscricións para a temporada 20/21

O anecdotario: «A recomendación do descanso», por Belarmino López

Simón Lamas, destituido coma técnico do Racing

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *