#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O anecdotario: «O dez e a caña», por Iván Rodríguez

Estábamos en Vilalba. Cun costume que tamén temos en Viveiro, algo que para min é sagrado. Aquí fágoo con Xaime antes de xogar. Refírome a tomar un café. Se é fóra da casa, na cantina. Se é en Cantarrana, no bar do lado. Pois a temporada que estiven en Vilalba, ao saír do Lugo… Cheguei e Gerardo… Fóramos xogar a Ordes. E chegáramos alí. Mauro Poratti, Gera, creo que Hugo Criado tamén e máis eu acercámonos á cantina. Pedimos todos o café con leite. E vai Gera e dícelle á rapaza da cantina co seu característico tono sarcástico:

-Oíches, fíxate no dez do Villalbés que vai gañar o partido.

Con esas palabras marchamos cara os vestiarios. Xogamos e tal. E chega o remate do encontro. Resultado final: Ordes 0-1 Rácing Villalbés. Gol de? Gol do dez. 

Acabou o partido, volvemos á cantina. E Gerardo espétalle á camareira:



-Que? Fixáchete no dez? Ponme unha caña.

A da cantina non lla quería poñer xa que xustamente el fora o que marcara o gol da vitoria.

Iván Rodríguez Hermida. Vilalbés que sempre está no medio. Tanto en Cantarrana coma na provincia.



O anecdotario: «O dez e a caña», por Iván Rodríguez

Directo: I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita

O anecdotario: «O dez e a caña», por Iván Rodríguez

No último suspiro escapoulle o triunfo ao

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *