Pois ten que ir esta historia, que é boa pero non a mellor. Xa que a maioría das anécdotas que teño non se poden contar. Isto foi ao pouco de comezar en Viveiro. Algúns xa saben que somos nove xogadores os que vimos desde Lugo. E que imos a Cantarrana en furgoneta. De estas de renting.

Quedamos sempre no ‘Chino Antonio’, alí na saída do Ceao. Ben, pois houbo un día que vibraba moito. E xa fixen a broma: «Ei chavales, eu non sei se chegará esto a Vilalba. Vibra moito…».

A resposta: «Que dis oh! Como non vai chegar, se nola acaban de dar».

«Chavales, que non chega a Vilalba». (Eu estaba de cachondeo, claro).

Seguimos para adiante. Non pasaron nin quince quilómetros e a furgoneta empezou a cheirar a queimado. Un ‘xaleo’ criminal. As risas eran un descontrol… Tal cal, a dez quilómetros de chegar a Vilalba comezou a saír fume do vehículo. Tivemos que parar na autovía. E, ao final, dímonos conta de que o que conduce, Vicente ‘Tichu’, non baixara o freno de man. Pouco máis e estropea toda a furgoneta. Historias da conducción… O pobre non era o único. Tamén recordo a algún adestrador que acababa de adestrar e collía o coche e marchaba coa man algo mollada. Iso xa é outra historia! Para outro día queda.

Gerardo Carrera Piñera. Xogador do Viveiro, talento e arte do balón

Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*