#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

Por segunda semana consecutiva tras moitos meses de parón, volve a nosa sección adicada ao fútbol feminino. Tamén por segunda vez, esta entrada da nosa web estará exclusivamente centrada no PM Friol, único clube provincial que compite en categoría nacional e, ergo, pode disputar os seus choques correspondentes á temporada 2020/2021.

Por desgraza, semella que o resto dos clubes lucenses anda tardarán meses en comezar as súas competicións, dada a complicada situación epidemiolóxica que atravesa o país. Pero, volvendo as boas novas, polo menos podemos gozar de fútbol na Reigosa cada 15 días!



Este domingo, porén, o clube friolense desprazouse a Asturias para enfrontarse ao Real Oviedo, clube moi reforzado no pasado mercado de fichaxes. O PM Friol comezou o choque dominando o xogo, pero un gol en propia meta aos dez minutos de xogo puxo ás locais por diante, 1-0. A partires de aí, o conxunto ovetense mellorou e conseguiu o 2-0 no primeiro tempo.

Na segunda metade, as de Friol levaron -de novo- o peso do xogo, xerando boas ocasións e podendo recortar distancias. Porén, o balón non quería entrar. Ou polo menos, na portería «carbayona», dado que as asturianas lograron o definitivo 3-0 nunha acción illada. 

A próxima semana, a Reigosa albergará o choque entre PM Friol e Atlético de Madrid «B«, correspondente á terceira xornada deste novo #Reto Iberdrola para as lucenses.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *