![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/11/IMG_0490-300x238.jpg)
Facía tempo que non nos aledábamos tanto por dar unha noticia. Nin nos atopábamos tan emocionados ante un amigable. Pero despois de máis de seis meses sen fútbol na provincia, volve a rodar o balón sobre o verde. Cos afeccionados desfrutando del dende as bancadas.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/05/viveiro-300x204.jpg)
Os primeiros en inaugurar a nova normalidade futbolística en terras luguesas serán o Rácing Villalbés e o Viveiro. Enfrontaranse en Cantarrana este próximo sábado a partires das 18.30 horas ante un máximo de 1000 seguidores, o tope permitido polo protocolo do Consello Superior de Deportes (CSD). Os futbolistas de ambos equipos superaron os Test COVID-19 onte satisfactoriamente. E soamente un positivo hoxe nos xogadores que restan por facelo no Viveiro ou unha negativa da Xunta de Galicia ao escrito enviado polos celestes; podería tirar por terra a nosa ilusión de ver fútbol en directo. Por certo, Futbolinlugo sorteará dúas entradas dobres entre os nosos seguidores de Twitter e Instagram (nas nosas contas, as condicións para participar).
Pola súa banda, o Polvorín barallaría disputar un partido de adestramento ante o Xuvenil A de División de Honra do club albivermello. Iso si, sen público. Segundo poidemos saber, tamén existiría a posibilidade de xogar un amigable nas vindeiras semanas ante o propio Rácing Villalbés. E os chairegos tamén terían en mente ao Compostela para estrear a Magdalena. Este encontro apuntaba a ser o primeiro da ‘nova normalidade’ con público pero os traballos de mantemento do céspede vilalbés impedírono.
Así anunciamos a noticia no segundo programa da temporada do Ser Deportivos Lugo, que contará unha campaña máis coa presenza de Futbolinlugo para analizar a xornada (luns) e anticipar o máis sinalado de cada data (venres).