Charly: «Non volverei coller un equipo coa temporada xa comezada»
Diego Díaz Martínez / 4 años
25/08/2020
0
3min de lectura
Celebración dun gol na Ribela. S9 FOTOGRAFÍA
Volver ao noso fútbol sempre é un reto importante. Facelo na túa propia casa e en tempos do COVID xa adquire unha dimensión maiúscula. Carlos Alberto Díaz Reboiro ‘Charly’ (Sarria, 1978) asume o mando da Sarriana despois de varias experiencias truncadas. Faino cunha ilusión que quizais, quen sabe, o leve a marcar unha época como xa ocurriu co seu Rácing Villalbés.
FUTBOLINLUGO: Boas Charly. De novo pola Ribela. Como foi ese regreso a casa?
CHARLY: Boas! A verdade e que xa me chamaran o ano pasado ao comezo e en decembro. Por motivos persoais e falta de tempo e motivación para adestrar nunha categoría esixente, dixen que non. Este ano vinme con esas ganas e motivación necesarias.
Fixemos un bo grupo e con fame
FIL:Que facía falta para motivarte?
CHA:Sobre todo, o feito de coller o equipo desde o principio. Nas últimas experiencias -Castro e Atlético Escairón- collín os equipos xa iniciada a temporada… Dixen que iso non o ía volver facer. En Escairón, sobre todo, quedoume mal sabor de boca. Era un proxecto xa empezado e vin un equipo non acorde ao perfil de xogadores e hábitos de traballo que quería. Quedei decepcionado desa experiencia. Non volverei coller un equipo coa temporada xa comezada.
Xa me chamaran o ano pasado ao comezo e en decembro
FIL: Agora en Sarria, dende o inicio e cun cadro de xogadores de garantías…
Charly na súa etapa en Castro
CHA: Tendo en conta que é un ano moi compricado tanto para planificar como para facer un equipo, fomos a un perfil de xogador con máis táboas e peso na categoría e un cadro deles máis curto. Sobre o papel a Liga será máis curta e de menos equipos. Fixemos un bo grupo e con fame. Faremos un vestiario forte.
Temos que estar entre eses catro ou cinco equipos que pelexen polo ascenso
FIL: O feito dos subgrupos e de xogar contra menos equipos, favorécevos ou non?
CHA: Non se sabe nada aínda do plan competicional. E non é o mesmo comezar en novembro que en xaneiro. Despois que equipos van a cada subgrupo e cantos se clasifican para xogar por un ascenso ou descenso… Todo o que poidamos falar agora é especular. É un ano moi raro.
FIL: Independentemente do plan competicional, cal é obxectivo da Sarriana para esta campaña?
CHA:Estar no grupo de cabeza dunha maneira ou doutra. Logo marcará a Liga o nivel dos equipos, os posibles ascensos que haxa. Temos que estar entre eses catro ou cinco equipos que pelexen polo ascenso. Dicir o contrario sería ir de falsos humides.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.