É o director deportivo dun dos grandes damnificados pola pandemia. Ademais, comparte esta tarefa coa de xogador dun auténtico grupo de amigos. Hoxe falamos con Borja Rego Ferreira (Cervo, 23-03-1994), un home cunha tremenda facilidade para alternar os despachos e o verde.
FUTBOLINLUGO: Boas Borja! Imaxino que esta ‘pretemporada’ está sendo menos movida que nunca.
BORJA REGO:Pechamos ao míster Jaime e andamos mirando o mercado de reollo. A verdade é que está todo bastante parado con esta incertidume.
Viñamos con outro ritmo pero baixamos no inverno
FIL: Con todo o tempo que temos, imaxino que teriades tempo a analizar a pasada campaña polo miúdo. Que foi o mellor que vos pasou nela?
Un domingo clásico en San Ciprián. CANTI
B.R:O mellor foi como comezamos. Viñamos cun ritmo doutra categoría tralo descenso. O problema é que temos moita xente de fóra e os primeiros meses iso non o acusamos. Logo vas baixando no inverno. Os equipos que adestran con 15-20 xogadores acaban pasándoche por enriba nos finais de partido.
FIL: É preferible entón apostar por máis calidade e sacrificar un maior número de adestramentos? Ou viceversa?
B.R: Tes que saber o que hai. Nós sabíamos que para adestrar entre semana o tiñamos complicado. Pero eran xogadores de nome e doutra categoría. Pero a día de hoxe por moi bo que sexas, como non adestres todo se iguala.
Non entendo o porqué desa decisión. A Federación saberá os motivos.
FIL: Igualdade como a que tivestes co Pontenova a puntos. Subiron eles polo famoso ‘golaverage’… Foi como quedar co mel nos labios, non?
B.R: Co mel nos labios quedamos debido a que non rematamos a Liga. Había que acabala. Aínda non entendo o porqué desa decisión. A Federación saberá os motivos de dar así os ascensos. Non é só unha cousa nosa, pasou con máis clubs. Aceptamos a decisión e apostamos pola autocrítica.
FIL: E que vos di esa autocrítica?
B.R:Que fomos primeiros moito tempo e hai que aprender diso. Aprender a manexar mellor ese tipo de situacións.
O máis importante é crear un grupo para ascender a curto prazo
FIL: Por último, despois da análise, cal é o novo obxectivo para a próxima temporada?
B.R: Quedar o máis arriba posible. O ascenso está aí. Buscarémolo pero se non se ascende non pasa nada. O máis importante é crear un grupo para ascender a curto prazo.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.