#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Suso Tallón: «Hai que cambiar a inercia e tendencia anterior»

Suso foi seleccionador no I All Star Futbolinlugo

Unha nova festa da democracia nun ambiente pouco propicio para verbenas. Así chegan as eleccións autonómicas de hoxe. Nelas, no fondo dunha das papeletas aparece un home tan carismático como polifacético. Jesús ‘Suso’ Vázquez Tallón (O Corgo, 1988) está de volta no noso fútbol da man do Corgo. Mestre, político e adestrador. Non se sabe en que orde. O que está claro, é que nunca nos deixa indiferentes.

FUTBOLINLUGO: Boas Suso! Imaxina que a lista electoral chega a ti. Cal sería a primeira medida que tomarías en materia deportiva?

SUSO TALLÓN: Pregunta complicada, por un lado; e ilusionante, por outro. Poderíase facer unha gran actividade. Desenvolver infraestruturas, apostar por deportes minoritarios, desenvolver un plan potente de deporte feminino en Galicia e crear a marca Galicia Deporte. Ademais de potenciar algún proxecto que chegue ao total da cidadanía. Que moito se fala pero ao final non se consigue desenvolver a un nivel interesante… Refírome a actividade deportiva, hábitos de vida saudable.

Temos que acabar con cuestións anteriores e darlle unha volta positiva á situación



FIL: Falando de política e deporte… A política xerou máis beneficios ou máis problemas no teu plano laboral?

S.T: Inténtome levar ben con todo o mundo nun plano persoal máis alá de ideoloxías. A min non me soe afectar no día a día laboral e deportivo.

FIL: No relativo ao fútbol, volve de cheo Suso Tallón. Aínda que algunha cousiña xa estabas facendo…



S.T: Levaba dúas temporadas sen adestrar en sénior pero estaba co plan de tecnificación das seleccións lucenses femininas.

A política non me soe afectar no día a día laboral e deportivo

FIL: Semellaba que xa ías volver a campaña pasada. Parecía que o tiñas feito co PM Friol. Que pasou aí?

S.T: Déronse unha serie de características e circunstancias. Non confluiron os dous camiños. Geluco valorou e decidiu outro camiño a seguir.

FIL: O que si apostou de verdade por ti foi o Corgo. Que tiñan na casa para que te decidiras por eles?

S.T: Foi por unha cuestión persoal e sentimental. Crecín alí, a miña familia é do Corgo. Houbo outras opcións pero con isto do COVID o cercano cobra aínda máis valor. Agora temos que dar un paso adiante en seriedade e estrutura deportiva.

Co PM Friol non confluiron os dous camiños

FIL: Como vai ser o novo Corgo de Suso Tallón?

S.T: Hai que cambiar toda a tendencia e inercia anterior. Dotar ao equipo dunha seriedade, rigor e compromiso; en relación a todas as partes que compoñen a entidade. Tamén acabar con cuestións anteriores e darlle unha volta positiva á situación. Temos que adestrar e competir en condicións axeitadas, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.

 

EN CURTO

Un mestre: José Otero, no Masculino. E miña nai, que me inspirou esa vocación.

Un adestrador: Un español de nova fornada. Unai Emery, por exemplo.

Un político: Calquera que teña unha vocación de servizo público aos cidadáns, independetemente de ideoloxías.

Un soño: Hai que soñar cada día e que esos soños se convirtan en realidade. Nada específico.

Suso Tallón: «Hai que cambiar a inercia e tendencia anterior»

Diario dun Mercado. Episodio 170

Suso Tallón: «Hai que cambiar a inercia e tendencia anterior»

Diario dun mercado. Episodio 171

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *