#Feminino #Fútbol afeccionado

O CD Lugo, na procura do éxito no fútbol feminino

O pasado verán, chegaba ás nosas casas unha nova sorprendente: o CD Lugo rompía o seu convenio co PM Friol, recén ascendido á segunda categoría do fútbol nacional. Porén, o clube albivermello non renunciou a contar coa sección de fútbol feminino, de xeito que fundou un novo conxunto na Segunda Galicia. De feito, ocuparía a praza da SCD Milagrosa (un histórico do fútbol feminino provincial que viña de descender desde a Primeira Galicia) e, ademáis, asinaría a un gran número de xogadoras ata entón pertencentes á entidade do López Gorgoso.

O proxecto deportivo desenvolvido polo CD Lugo foi claro desde o primeiro momento: ascender á Primeira Galicia cunha base de futbolistas moi novas e da provincia. E os resultados, até o momento, non se alonxan en absoluto de tal obxectivo. As guerreiras son líderes da categoría con 54 puntos de 57 posibles e cunha diferencia de goles de +124. Porén, teñen ao seu gran rival no Sporting Cambre, colíder que tan só caeu derrotado ante as nosas protagonistas e que, ao mesmo tempo, foi o único equipo capaz de vencer ás lucenses. O gol-average particular decide, polo momento, o título de liga.

Hoxe, Futbolinlugo quixo falar con Joaquín Blanco, adestrador do CD Lugo e vello coñecido do fútbol feminino autonómico (xa que contaba con experiencia nas filas da SCD Milagrosa), para coñecer o proxecto do clube desde o interior!

Futbolinlugo: Antes de nada, como definirías o ano deportivamente?



Joaquín Blanco: Iria e eu tivemos a sorte de que o CD Lugo apostase por nós para levar o proxecto adiante e a partir de aí Comezamos a traballar. Baseámonos en xogadoras que xa conocíamos da etapa na SCD Milagrosa, ás que sumamos xente con ilusión. Todo foi ben despois. As xogadoras mostraron moita ilusión e seriedade, ademáis de que o clube nos puxo moitas cousas á nosa disposición que facilitaron o traballo. A competición na que está o equipo non ten un nivel moi elevado, polo que houbo partidos cun baixo nivel de competitividade, pero as rapazas seguiron traballando igual, con ganas de facer cousas importantes.

FIL: A superioridade foi máxima desde o primeiro momento…

JB: Si, ao principio tivemos un gran tropezo na casa co Sporting Cambre, que nos valeu a todos para implicarnos e traballar aínda máis. Houbo días, como o partido na casa do Sporting Burgo, nos que costou máis gañar, pero tamén houbo goleadas nas que sí que fomos superiores. No último partido antes do parón superamos por 1-2 ao Cambre no partido máis duro do ano, a Xuventude de Crendes tamén nos plantexou problemas… pero as xogadoras, pese a ser un equipo moi novo en idade, tiraron sempre de casta e responsabilidade. Ademáis, as veteranas -Berta, Esther, Irene, ect- supoñen unha gran axuda.



FIL: Como ves o proxecto do CD Lugo?

JB: O proxecto creouse a raíz da ruptura entre PM Friol e CD Lugo, pero comezou un pouco tarde. As cousas, pese a facerse tarde e rápido, fixéronse moi ben. O obxectivo é, a longo prazo, chegar a categorías nacionales e ser un referente a nivel provincial e autonómico. Estamos moi contentos co trato recibido desde o primeiro momento, pese a que non houbese nada preparado para comezar este proxecto. Porén, as facilidades foron todas desde o minuto 1.

FIL: Que está a ser o mellor do ano?

JB: Foi moi especial, ademáis de que está recente, a victoria na casa do Cambre. Levamos un autobús de xente para animar, foi como unha final, tivemos que remontar o 1-0 inicial… e ao final do partido, co 1-2, algunhas das xogadores choraban de emoción… o momento quédase gravado. Por outra banda, estou moi contento en xeral co traballo do grupo, a pesar de que son esixente. A nivel de clube, un non está afeito a que xente que xogou en Segunda División te trate de ti a ti, algo que é chocante e moi bonito.

FIL: Pensas que pode haber rapazas que dean o salto a categorías superiores?

JB: Si, moitas das nosas xogadoras non están nin no seu tope físico, xa que aínda teñen que medrar. Por iso, pode ser que nun verán, as rapazas se convirtan en futbolistas de Segunda ou Primeira División. Entre as veteranas, varias rexeitaron xa este ano ofertas de categoría nacional de clubes da zona de Coruña ou Vigo. Entre as máis novas, penso que moitas delas poden chegar a mostrar un gran nivel en Segunda ou Primeira.

FIL: Entón, que é o que fai que as futbolistas escollan o CD Lugo?

JB: Elas saben que, de querer xogar en categorías importantes, o máis fácil é ter equipos importantes preto da casa: Deportivo, ogallá que Lugo nuns anos… Elas din que, ademáis, ao non estar nun deporte profesionalizado, lles resulta imposible aceptar unha oferta dun equipo da provincia, por exemplo, de Pontevedra. Tamén o feito de ser as pioneiras do proxecto do CD Lugo lles resulta atractivo.

FIL: E co tema do coronavirus, que facemos?

JB: A saúde ten que ir por diante de todo. O primeiro é agardar até que a seguridade estea asegurada. Despois tamén hai que mirar que efectos ten a crise económica no país. A partires de aí, se tome a decisión que se tome, hai equipos que sairán perxudicados: ascensos, descensos, non-ascensos… para min o ideal sería acabar de xogar todo, pero a ver se hai tempo.

Amor a dous toques: Fran Justo e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *