#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Palabra de… Kevin Pierre: «A verdadeira salsa dos partidos»

Kevin Pierre nos seus anos en Riotorto

Antes de nada quería dar a noraboa a Futbolinlugo polo que está a facer polo fútbol da provincia e grazas por deixarme aportar un graniño de area participando nesta sección. Eu quería centrarme no tema de hoxe na afección que vén vernos aos partidos finde tras finde. Desde os familiares, parellas, amigos… Ata os patróns do pobo que levan indo ver ao seu clube de toda a vida 50 anos.

Hoxe en día un partido de fútbol, xa sexa de Terceira, Preferente ou Rexional; conta con estes afeccionados que lles temos que dar as grazas, porque… Que sería de nós sen eses comentarios desde a banda gritando: “novee, este non che é o Bernabéu”, “va veña 20, saca tranquilo, esta vai dentro” ou “Lourido, retírate que te vai retirar o fútbol a ti” (guiño ao meu amigo Lou, que sabe que o quero moito).

Tamén cando acaba o partido todo se queda no campo e cando saes da ducha xa somos todos amigos e conocidos. Despois de xogar uns cantos anos xa vas conocendo e eles a ti. Todos eses berros, insultos e piques que ao fin ao cabo fai que se xogue con máis ganas e intensidade nos partidos.

Levo poucos anos xogando por estes campos pero teño que decir que sen eses afeccionados, sen esas ‘críticas’, sen esas opinións do partido de familiares e amigos que te van ver despois do partido.. Sen todas esas cousas hoxe en día o fútbol sería moito máis monótono e incluso diría que aburrido.



Por esto todo moitas grazas a toda esa xente por ir vernos xogar pasando frío, mollándose e desplázandose cada fin de semana. Que sería de nós sen vós! Grazas.

Kevin Pierre Prado Brun. Talento ofensivo ao servizo do Pol.



Palabra de… Kevin Pierre: «A verdadeira salsa dos partidos»

A Axenda: todo o fútbol lucense en

O guante de Xaime dalle ao Viveiro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *