#Feminino #Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

LP destaca en Las Rozas e o Marca faille unha chiscadela ao Xermade

Esta semana ‘As nosas redes falan’ dan un salto estatal. Primeiro guiados polo golazo de Lucía Pardo na concentración coa selección española promesas. Despois, coa inesperada entrada no xogo de twitter do Marca. O diario deportivo contestou con humor a unha broma do CD Xermade.

LP deixase ver en Las Rozas

Lucía Pardo viviu unha semana de soño. A xogadora de Outeiro aproveitou ao máximo a súa mini concentración coa selección española promesas. Finalmente no medio dos adestramentos houbo partido coa selección absoluta. Aí o gol de LP deu que falar. Era o empate despois do tanto de Aitana Bonmatí. Agora tamén en Las Rozas empezan a saber do que é capaz. A xogadora do Friol, xa de volta, formou parte do once titular do seu equipo ante o Sporting de Gijón. O conxunto friolés trouxo os tres puntos de Mareo e marca distancias co pechacancelas do seu grupo da Reto Iberdrola. O gol de Lucía Pardo aparece no minuto 0:20 do seguinte vídeo:

O Marca fala do noso fútbol



Un traballo coral do gabinete de comunicación do Xermade tivo premio. A broma gastada a Diego Bellas emulando a que saía nunha noticia do diario deportivo Marca provocou a contestación do community manager deste xornal. Resposta en clave de humor na tónica na que o Xermade realizara a publicación.

Homenaxe a un mundialista en Brollón

O Brollón non puido ante o líder. Perdeu nos Medos co Ferreira. Pero na previa do partido o cadro da Pobra si puido facerlle unha homenaxe a un dos seus ex xogadores máis ilustres. O piragüista Manuel Freire vén de rematar recentemente a súa temporada. O deportista monfortino continúa colleitando bos resultados a nivel estatal e tamén cun papel importante a nivel internacional. No último mundial os mellores resultados viñeron na categoría por equipos.

Manuel Freire nos Medos. Foto: Mariluz Fagín

As festas, o antídoto contra o inverno: 

Din que as festas son para o verán. Pero os nosos equipos non queren perder a oportunidade de xuntarse e facer comunidade. Uns coa escusa dun bo magosto e outros coa dun bo cocido. As merendolas están en marcha en equipos como a SD Rubián ou o Rioaveso. Hai que apoiar co bandullo cheo.

rioaveso_festa

O Lemos emerxe cun golazo de Tazos

LP destaca en Las Rozas e o Marca faille unha chiscadela ao Xermade

O partido en imaxes: Lemos B-Sporting Lucense

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *