#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Palabra de… Xaime: «Os imprescindibles na sombra»

En primeiro lugar gustaríame agradecervos a oportunidade de poder expoñer algo de fútbol coas miñas palabras. Para min é todo un orgullo que me deixedes escribir unhas liñas na vosa paxina web falando de algo que me encanta como é o FÚTBOL.

Gustaríame falar, opinar e darlle valor a unha das grandes profesións como é a do utillero. Unha profesión dentro dun clube que quizais non é nada vistosa por parte de moita xente. Pero que seríamos os futbolistas sin eles? Os que temos a oportunidade de poder dispoñer deles sabemos de sobra que son importantísimos.

Poucas veces no mundo do fútbol se fai unha cura de humildade para valorar o labor de todas estas personas que están ‘detrás do telón’. Entre eles, os utilleros. Son os nosos fans e seguidores número 1, adícannos horas e horas antes, mentres e despois de cada partido e adestramento. Téñennos todo listo, limpo e preparado para que nós non teñamos que ter ansia nin preocupación de nada que necesitemos en cada partido ou adestramento.

Cuidannos, mímannos  (aínda que ás veces reñan de vez en cando jaja) e como seguidores sufren por nós. Son como se fosen os nosos pai, nai, avoa, avo… E sempre nos olvidamos de agradecérllelo porque aínda que nós non nos demos de conta, eles tamén teñen a súa vida persoal. O seu ocio e os seus pasatempos… Pero a pesar de todo isto, eles sempre sempre sempre son os primeiros en estar e chegar ao campo.



Señores, no fútbol precisamos moitas cousas e ELES son unha delas. Son uns dos primeiros eslabóns desta amplia cadea.

Aproveito, neste anaquiño que me dades para min, para decir que eu son un previlexiado. E para que moitos futbolistas valoren o traballo ás escuras que estas persoas fan por nós e polo fútbol. Ogallá que nunca nos falten porque o día que non estean darémonos de conta do gran baleiro que deixan.

Unha aperta.



Xaime González Vilariño. Xogador do Viveiro. Pouco pelo, moita clase.

Palabra de… Xaime: «Os imprescindibles na sombra»

O partido en imaxes: Xove Lago-SD Burela

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *