#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Máxicos Primeira. Xornada 2

*Pol-Atlético Escairón: Os de Fernando Corredoira caeron na trampa do Atlético Escairón na primeira metade. Os do Saviñao marcharon cunha mínima vantaxe ao descanso, que puido ter sido maior de mostrar unha maior efectividade. Na reanudación, o Pol apostou por unha defensa de tres para remontar. Cando máis preto estaba o empate, chegou o 0-2 na caída dun balón parado. A sentenza definitiva chegou tamén a pelota detida. Nos últimos minutos, os locais tiveron algunha ocasión para facer o gol da honra. A pelota non quixo entrar esta xornada!

*Castro-Pastoricense: Igualdade no reencontro entre dous adestradores amigos, excompañeiros. Houbo unha parte para cada equipo. O Pastoricense mandou na primeira e fixo os seus dous goles. Aínda que o Castro recurtou diferenzas no desconto do primeiro acto. Na reanudación, os de Vitín cambiaron as tornas. Impuxeron o seu xogo e Fede empatou para firmar o segundo punto da temporada. Un golazo dende fóra de área, como xa o fora o de Dani para os do Acebreiro.

*Monterroso-San Roque: Primeira media hora disputada e sen apenas ocasións. O gol do Monterroso cambiouno todo. Máis aínda, tras o descanso. Os locais melloraron a súa boa versión inicial. Porén o San Roque tivo o seu momento no ecuador da segunda metade. Chegaron con perigo, descuidándose algo atrás. Iso sí, os goles caeron do lado dos de Cerdeiriños. Como anécdota destacar o balonazo que recibiu o técnico Óscar Méndez durante o encontro, a pesares de colgar as botas este verán. Hai cousas que non cambian!

*Friol-Folgueiro: Duelo de cañoneiros na Reigosa, que rematou con sendos dobletes de Rafa Casanova e Aurelio. O Folgueiro perdonou nunha primeira metade moi mala do Friol. O insistente gol visitante chegou na primeira xogada da segunda parte. O tanto espoleou aos de Jon Vázquez, que melloraron tamén grazas aos cambios. Rafa Casanova liderou a ofensiva dos locais e asinou a remontada. Unha remontada que quedou en balde, cun novo gol de Aurelio no desconto.



*Lourenzá-Burela: Igualdade máxima nun primeiro tempo no que os visitantes se toparon co longueiro e co pau. No segundo acto, a superioridade foi cousa do Burela. A pesares dun gol anulado ao Lourenzá ao comezo da reanudación. Os de Jaime Méndez aproveitaron os erros laurentinos e sentenciaron ao contragolpe en Santa Cruz. Os tres goles do cadro da Marosa chegaron nun lapso de tempo de oito minutos, entre o 62 e o 70.

*Riotorto-Chantada: Dúas indecisións a balón parado puxeron o encontro de cara para o Chantada. O Riotorto recurtou as diferenzas nun penalti de Fran Pastor na primeira xogada da segunda metade. Os de Suso apretaron ante a boa defensa chantadina. Co paso dos minutos, o partido calmouse. Os mariñáns asumiron riscos e Diego Arias sentenciou nos compases finais. O central local Óscar Iglesias rematou o encontro lesionado.



*Chantada Atlético-Guntín: Alternativas e goles nun encontro no que os locais nunca estiveron por debaixo no marcador. O marcador non se moveu na primeira parte, só a portería local. Entrou Moure polo lesionado Guiti. Un intenso Guntín tivo que remar contracorrente ante os goles dos irmáns Anxo e Iago. O de este último tamén a centro de seu familiar de sangue. Óscar igualou nunha contra porén Samu fixo o definitivo 3-2 cun gran disparo dende a frontal. Os de Martín morreron matando, reclamando un penalti nas postrimerías.

*Santaballés-Xove Lago: Inicio dubitativo dos de Dani Moirón ante un Xove Lago que fixo dano coas ideas moi claras. O Santaballés topouse cun penalti ao bordo da media hora, que transformou Álex Novás. O tanto deulle tranquilidade aos locais, que sen facer grandes alardes empezaron a controlar algo máis o xogo. Os de Bruno Gómez buscaron a igualada dende o fútbol directo e a intensidade. A seguridade defensiva chairega e os seus homes de refresco impedírono. Gran imaxe dos mariñáns nunha praza moi complicada.

*Taboada-Outeiro de Rei: Remontada na Medela. Adiantouse na primeira metade o conxunto de Manu, que aínda non estreou o seu casilleiro de puntos. Dous erros na reanudación, xunto á reacción do Outeiro de Rei, provocaron dous tantos consecutivos que levaron os tres puntos para o Municipal.



Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada

Máxicos Primeira. Xornada 2

O partido en imaxes: San Lázaro-Ferreira (1-0)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *