Na Terceira División, o Racing Vilalbés goleou ao Arzúa, mentras que o Polvorín caeu pola mínima na Cheda ante o Ourense C.F. Na Preferente, o Viveiro gañoulle a domicilio ao Montañeros, mentras que a Sarriana dobregou na Ribela ao Dubra. O Ribadeo gañou no campo do Laracha, mentres que o Lemos caeu na Pinguela ante o Fisterra. O derbi entre Foz e Residencia rematou sen goles.
O Racing Vilalbés acadou o segundo triunfo consecutivo ante o Arzúa (4-0). Bo encontro dos chairegos, ante un Arzúa que chegaba á Madalena invicto. Xa no primeiro minuto Sandá puxo o marcador favorable aos de Simón Lamas. O segundo foi obra de Josito, que rematou unha falta lateral botada por Jose Varela. Xa na segunda metade, os de Alberto López buscaron recurtar diferencias, pero foi Diego Rey quen sentenciou o encontro ao rematar unha contra. O cuarto foi obra do ex do Laracha Sito a falta de quince minutos para o final.
Derrota do Polvorín na Cheda ante o Ourense C.F., un dos favoritos ao ascenso (0-1). O filial albivermello non puido sumar, aínda que foi merecedor de máis premio polo visto no terreo de xogo. As mellores ocasións foron para os de José Duran, cun Chiqui moi presente en tódalas accións de perigo. Sen embargo, o único tanto do encontro foi para os ourensáns, obra de Agustín.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Viveiro conta os partidos por vitorias, desta volta ante o Montañeros (1-3). O líder segue con paso firme. Nun encontro complicado gañou na Coruña ao Montañeros. Tichu, co primeiro cuarto de hora cumprido anotou o primeiro, pero o empate non tardou en chegar. Nada máis comezalo segundo tempo, Roberto Prieto viu o segundo cartón amarelo, poñéndose o encontro costa arriba para os de Chusky. Pero souberon reaccionar e Gerardo, cando tivo a ocasión, non perdonou. O canteirán Macli, moi preto do final sentenciou o encontro. O Montañeros tamén quedou con dez co tempo cumprido pola expulsión do vilalbés Hugo Criado.
A Sarriana xa se sitúa segunda logo de vencer ao Dubra na Ribela (3-1). O cadro adestrado por Dani Fernández suman tres triunfos consecutivos e xa ocupa praza de ascenso a Terceira. Desfíxose do Dubra na Ribela, nun encontro no que foi superior ao seu rival. Hugo Buíde e Javi Fraga puxeron en clara ventaxa aos sarriaos antes do intermedio. O Dubra estirouse na segunda e o veterán Mariño recurtou diferencias, pero Jacobo Vilariño, xa no desconto, anotou o terceiro.
O Foz e a Residencia firman tablas nun típico encontro de derbi (0-0). Non se moveu o marcador no Martínez Otero. Seriedade e fiabilidade defensiva en ámbolos conxuntos, pero desacerto cando pisaban a área rival. Veloso tivo a máis clara para a Residencia, pero atopouse coa soberbia parada de Bruzos. Gonzalo e Manolo, que voltou a vestila camiseta do Foz, tiveron as máis claras para os de Gayol. Os capitalinos remataron con dez por expulsión de Juanín. Os mariñáns continúan sen perder.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Ribadeo gaña o primeiro encontro da temporada no campo do Laracha, cun Hugo estelar (0-1). Unha boa xogada por banda dereita de Brais, Erni e Diego Hermida, rematou co tanto de Criss. Foi o único gol dun encontro que tivo ocasións, sobre todo para o conxunto local. Pero todos e cada un dos disparos atopáronse co mesmo home: Hugo. O focense foi un muro infranqueable, sobre todo na primeira metade, cando o Laracha máis asediaba a meta ribadense. Na segunda, o Ribadeo incluso puido aumentala renda en dúas contras que remataron con disparos de Luki e Aitor, pero non estiveron acertados.
Terceira derrota consecutiva do Lemos, que perdeu na Pinguela ante o Fisterra (0-3). Malia ser un recén ascendido, ao igual que os monfortinos, o Fisterra conta con xogadores diferenciais. Capelo é un deles, que anotou o primeiro gol do encontro aos vinte minutos de xogo. Incluso puideron incrementala diferencia pero o acerto de Ramón impediuno. Borja Castro, gozou dunha ocasión clara para empatar, pero foron os visitantes quen puxeron terra de por medio cun tanto de Santi Taboada. Makaay fixo o terceiro cando os de Edu Rodríguez buscaban o gol por tódolos medios.