#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada . . . Viveiro – Lemos: dous históricos que volven verse as caras

Si a pasada xornada falabamos do segundo derbi provincial en dúas xornadas, chega o terceiro. A Preferente non da tregua, e este domingo ás 12 horas en Cantarrana citaranse dous dos históricos do fútbol lucense: Viveiro e Lemos. Dous conxuntos con distintos obxetivos, pero coas mesmas intencións, facerse co derbi.

O conxunto mariñán comezou a temporada da mellor forma. Logo de quedar ás beiras do ascenso na campaña pasada, o Viveiro reforzouse con xogadores de auténticas garantías no verán. Gerardo, Álex Pérez, Manu Cedrón ou Roberto Prieto non necesitan presentación. E súmanse aos Xaime, Tichu, Iván, Marino, ou os rapaces da casa que tan bo rendimento deron ao equipo, fan dos viveirenses uns claros favoritos ao ascenso. As dúas primeiras xornadas convidan ao optimismo. Logo de golear ao Boimorto, os de Chusky foron quen de gañarlle ao Boiro, colocándose xa no primeiro posto da clasificación.

Marino foi o autor do tanto do triunfo ante o Boiro

O Lemos afronta con optimismo o ano do seu retorno a Preferente. Un clube moi distinto ao que descendeu dúas temporadas atrás. Agora cunha filosofía moi definida, da man de Edu Rodríguez, e cun plantel maioritariamente formado por xogadores da comarca. Logo dun cómodo ascenso, o Lemos márcase como obxectivo para esta temporada a permanencia. O equipo comezou gañando nun campo moi complicado como é o Baleato, acadando un triunfo ante o Dubra, conxunto chamado a estar na zona alta. Na segunda xornada non foi quen de puntuar na Pinguela ante o Puebla, acusando a falla de acerto de cara á porta contraria. Polo que, tentará manter a xeira como visitante na súa visita a Cantarrana.



Borja Castro é un dos fixos na liña defensiva do Lemos

O último enfrontamento entre ámbolos conxuntos en Cantarrana tivo lugar o 11 de decembro de 2016, e rematou con empate a un. Polo Viveiro marcou Dani Fernández, mentres que polo Lemos, o tanto foi obra de Jorge Rodríguez.

Falamos con co xove central viveirense Uriol e con Gonzalo Torres, experimentado centrocampista do Lemos.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?



URIOL (VIVEIRO C.F.)

 – Gran comezo. «A verdade é que gañamos os dous primeiros partidos e as sensacións son boas, pero a temporada é moi longa. Desde o meu punto de vista temos un bo grupo, pero sen o traballo diario non chegaremos a acadalo obxectivo».

O rival. «O Lemos é un recén ascendido, pero nos dous partidos que levamos de liga, demostrou ser un rival difícil, gañando nun campo tan difícil como é o do Dubra. Non debemos confiarnos».

Bos reforzos. «Os xogadores que viñeron este ano teñen máis experiencia, e xa xogaron en categorías superiores, o cal nons pode dar un plus nos momentos difíciles da temporada, que ben seguro que os haberá«.

GONZALO TORRES (CLUB LEMOS)

 – O comezo do Lemos. «Tivemos un retorno complicado. Ata o de agora xogamos dous partidos moi diferentes. Ante o Dubra aproveitamos ben o espacio á espalda dos laterais. Estudiamos ben o rival, soubemos sufrir ao longo do encontro e saíron ben as cousas. Contra o Puebla foi outro conto. Sabiamos que ían xogar replegados e saír á contra. Un fútbol moi práctico, pero moi eficaz. Vimos ben o que é a Preferente, e cando non estás ben castígante. Agora toca mirar adiante e ir recuperando lesionados e sancionados, que serán xogadores fundamentais«.

O encontro en Cantarrana. «Afrontámolo con ilusión. Aínda que sone a tópico, nós imos partido a partido, co obxectivo de ir sumando puntos para acadala permanencia. Sabemos que é un encontro moi complicado, temos baixas e enfrontámonos ao máximo favorito ao ascenso, pero imos competir coas nosas armas. Teñen xogadores con moito nome para esta categoría, pero dentro das grandes individualidades, nós tentaremos buscalos seus erros e non voltar de baleiro pra Monforte».

Retorno á Preferente. «Afronto este ano con ganas e ilusión, ao igual que os meus compañeiros. O vestiario é unha pequena familia. Isto está comezando e a temporada é moi longa. Agardo rematala sen lesións e moitos minutos para axudar ao equipo en todo o posible. A Preferente é unha competición moito máis esixente que a Primeira. Nótase un pequeno salto tanto no apartado físico como táctico. Sorpréndeme o estudiados que se teñen tódolos equipos«.

O partido da xornada . . . Viveiro – Lemos: dous históricos que volven verse as caras

O partido en imaxes: Ferreira-Río Sil (3-2)

O partido da xornada . . . Viveiro – Lemos: dous históricos que volven verse as caras

A axenda da fin de semana (7-8

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *