Hai escasos días anunciabamos os novos proxectos de Futbolinlugo. Hoxe toca desvelar a programación para esta temporada. Unha ‘grella de saída’ que aposta pola continuidade. Porén sempre introducindo novidades e cambios para o deleite da nosa fiel audiencia. Nesta cuarta temporada con vós, manteremos os contidos do luns. Marcos Fernández traerá o Trío de Ases da Terceira División e a Preferente. Iván Calaza buceará polo mundo dixital para mostrarnos as tendencias do noso fútbol en ‘As nosas redes falan’.

Os martes seguirán sendo da Primeira Galicia. Iso sí, con novidades. Chegan os Máxicos da xornada. Un xogador MVP destacado por conxunto. E que trataremos que sempre faga esta valoración o conxunto rival e non o propio. Os mércores pertencen á Segunda Galicia cos seus onces. Os xoves, dobre cita. As sobranceiras da xornada, cunha futbolista destacada de cada equipo feminino. E outra das nosas novidades. A Terceira Galicia de Iván Calaza conta cun formato diferente. Destacaranse a tres xogadores por liña no noso Tres en Raia. Tres porteiros, outros tantos defensas, tres medios máis e outros tres dianteiros. Máis posibilidades de estar entre os elixidos da xornada para os nosos xogadores máis amateurs!