#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 133

O Viveiro apuntala o seu plantel, e máis concretamente a defensa, coa chegada de Roberto Prieto. O veterano defensa chairego, logo do seu paso polo Racing Vilalbés, Bergantiños, e polo San Tirso na última temporada, reforzará a zaga do cadro dirixido por Chusky. Cubrirá a baixa por lesión de Roi, que estará fóra dos terreos de xogo por un periodo estimado de dous meses.

O Guntín ten que lamentar unha baixa. Kevin, xogador de banda esquerda, abandona o clube por motivos académicos. Quen tampouco comezará a temporada co seu clube é o gardameta Joserra. O Celta Barreiros decidiu confiarlle a súa portería do Cascabeiro a Pedro Incera e René, dous fichaxes desta temporada.

https://www.instagram.com/p/B1GKB4SidAn/?utm_source=ig_web_copy_link



O Candelaria xa ten inquilino para o seu banquiño. Trátase de Jaime Matouse, antigo director deportivo da Sociedade Deportiva Burela. O San Lázaro presentou ao seu segundo fichaxe. Trátase do dianteiro lucense Fernando Zas, un vello coñecido do fútbol na capital da provincia. O Roupar, un dos conxuntos que raiou a gran nivel a pasada temporada, anunciou a recuperación de seis xogadores: Isma, Sebas, Kiko, Wasi, Jandro e David.

No fútbol base, Walter será o novo adestrador do equipo xuvenil do Corgo.

 



Diario dun mercado. Episodio 133

Desaparecen os cartóns das fichas e ollo

Diario dun mercado. Episodio 133

Así será a nova temporada nesta casa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *