Un día menos para a celebración do I All Star Futbolinlugo Burela 2019. Publicamos os xogadores con máis aparicións nos onces da temporada na Segunda Rexional. Lembrando que a difusión dos onces semanais é a escusa para falar da categoría. Procuramos a máxima obxectividade posible dentro dos nosos medios. Pero non quere dicir que ninguén sexa mellor ou peor. Simplemente tentamos recoñecer dunha ou doutra maneira o traballo de todos. Nesta tempada coincide que esas aparicións no once teñen premio ao decidirmos organizar o All Star. Oito xogadores da Segunda Rexional estarán representando a categoría no evento do sábado 29 deste mes en Burela. Eles xa saben quen son. Un porteiro e sete xogadores de campo. En breves a convocatoria será pública. Polo de agora publicamos a lista da xente con máis protagonismo na nosa web ao longo do curso. Para desempatar no número de aparicións seguimos o criterio do xogo limpo. Fixemos a media entre os partidos xogados e os cartón recibidos na competición regular:
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/02/marosa.jpg)
1. Caloto (Sporting Lucense). 10 aparicións
2. Aurelio (Folgueiro). 9 aparicións
3. Recalde (Lourenzá). 7 aparicións
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
4. Javi «Tanketín» (Guitiriz). 7 aparicións
5. Bruno (San Roque). 6 aparicións
6. Isma (Oural). 6 aparicións
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
7. Pipita (San Lázaro). 6 aparicións
8. Emilio (San Roque). 6 aparicións
9. Yago Armesto (San Lázaro). 6 aparicións
10. Tomás (Valadouro). 6 aparicións
11. Diego (Bóveda). 6 aparicións
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
12. Seijo (Abadín). 6 aparicións
13. Noceda (Mondoñedo). 6 aparicións
14. Labrada (Guitiriz). 6 aparicións
15. Beto (Cabreiros). 5 aparicións
16. Álex (Iberia). 5 aparicións
17. Joserra (Chantada B). 5 aparicións
18. Lucas (Bóveda). 5 aparicións
19. Hugo (Portomarín). 5 aparicións
20. Macía (Bóveda). 5 aparicións