#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Once da xornada 32 na Preferente Galicia

Os futbolistas máis destacados desta semana proceden daqueles equipos que máis éxito tiveron nos seus partidos. Gran protagonismo do Lugo B que só puido empatar e xa non depende de si mesmo para ascender e, tamén, do duelo provincial da xornada no que o Viveiro derrotou a unha Sarriana que cada vez se lle complica máis a súa salvación. Ademais o Chantada mantén a esperanza tras gañar a un rival directo. O resto de equipos tamén teñen o seu pequeño protagonismo no once ideal.

O Lugo B tiña unha boa oportunidade de colocarse segundo na clasificación ao recibir ao Estudiantil que ocupa esa praza. Pedro López e Javi Fraga comandaron ao filial albivermello que fixo un gran partido en conxunto pero non pasou do 1-1. Outros dos grandes destacados do choque foi Javi Rey que non entra desta volta no once por axuste de posicións. O positivo é que o gol average está empatado e no global, o conxunto de José Duran iría agora mesmo por diante cunha vantaxe de +15 goles a favor. Outro dos grandes partidos estivo na Ribela onde o Viveiro venceu 1-2 a Sarriana. O central Dani Fernández e Arturo foron dous dos grandes destacados do choque xa que foron os autores dos goles cos que os da Mariña remontaron o partido. Pedreiras destacou no medio campo local pero a Sarriana non puido mantela vantaxe inicial e segue en serios problemas.

A vitoria do Chantada e o bo partido do Lugo B protagonizan o once

Unha das boas novas da xornada chegou no Sangoñedo. O Chantada non se rende e venceu por 1-0 ao Bertamiráns do que xa está a só un punto. A gran actuación de Ferre na porta xunto ca de Álex Ratón e Manu guiaron ao conxunto chantadino que afronta os últimos seis partidos ca ilusión de conseguila salvación aínda que non é unha papelta fácil por mor dos arrastres. Quen freou as súas aspiracións de salvación foi o Lemos ao caer por 3-2 ante o Laracha. Petrovich anotou un segundo gol que meteu no partido ao cadro de Jorge Rodríguez pero finalmente non puideron evitala derrota. Se todo segue como está agora, o Lemos descendería por culpa dos arrastres; estaría a tres da salvación. Non obstante aínda tería que esperar polos posibles ascensos de Terceira División.

Por outra banda, dous dos equipos que buscan rematala temporada na mellor posición posible non colleitaron vitorias nesta xornada. O Ribadeo empatou na casa ante o Arzúa co arxentino Mauro Poratti demostrando porque é un dos mellores xogadores da categoría. Pola contra, o Escairón perdeu no Saviñao por 0-2 ante o Paiosaco. O incombustible Basán foi do máis destacado polo conxunto local.



 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *