#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 34)

Grandes resultados na Terceira. O Polvorín goleou ao Bergantiños, mentras que o Racing Vilalbés certificou a permanencia tras gañar ao Paiosaco. Na Preferente, Viveiro e Sarriana non conseguiron acercarse ao segundo posto tras empater ante Puebla e Arteixo respectivamente. O Ribadeo derrotou ao líder no Pepe Barrera, mentras que o Foz deu un paso de xigante cara a permanencia tras gañar no campo do Boimorto. O Castro saiu goleado do Arturo Pereiro polo San Tirso.

O Polvorín goleou na Cheda a un dos grandes favoritos, o Bergantiños (5-1). Moi superior o filial do C.D. Lugo durante os noventa minutos. Os de Carballo non tiveron o seu día e non xeraron prácticamente perigo. Pedro López, ao borde da media hora fixo o primeiro cun acrobático remate e Antón Escobar, en xogada individual ampliou diferencias antes do descanso. O Bergantiños reaccionou logo do paso por vestiarios e Cañi recurtou diferencias cun remate raso desde dentro da área. O monterrosino Álex Diéguez tivo o empate nas súas botas pero o seu disparo marchou alto. Na metade do segundo tempo, Rubén Rivera lesionouse e o gardameta Cristopher errou de xeito clamoroso no lanzamento de Rayco, que supuxo o terceiro tanto. Os visitantes baixaron os brazos e o Polvorín finiquitou o encontro co doblete de Antón Escobar e Javi Rey fixo o quinto e definitivo.

Paso prácticamente definitivo do Racing Vilalbés cara a permanencia tras derrotalo Paiosaco (3-2). De tódolos xeitos deixou un pouso amargo no cadro chairego debido á grave lesión de Álex Pérez, que tivo que ser evacuado en ambulancia do terreo de xogo con rotura de tibia e peroné. O partido estivo parado aproximadamente dez minutos. O conxunto adestrado por Simón Lamas comezou moi ben, dominando e marcando, con Villares en plan estelar. Do de Samarugo foi o primeiro tanto aos catro minutos, e o defensor visitante, Ventola anotou na súa portería poñendo en clara vantaxe ao Racing. Pero o Paiosaco logrou meterse no partido cun bo tanto de Otero. Logo da interrupción, chegou o empate cun novo tanto de Otero. Na reanudación, Villares voltou anotar nunha boa xogada personal poñendo o definitivo 3-2 no marcador. O Paiosaco tivo algunha tímida opción en saques de curruncho pero as continuas interrupcións e a tensión no terreo de xogo, sobre todo a partir da lesión de Álex Pérez, non permitiu gozar de máis fútbol.



O Viveiro non puido pasar do empate no campo do Puebla (1-1). O conxunto adestrado por Chusky segue a un punto do ascenso directo. Moi protestado o arbitraxe polo conxunto mariñán, que reclamou un penalti sobre Tichu. Foi precisamente o de Outeiro o que adiantou ao Viveiro nos primeiros compases do partido. Tan só oito minutos despois, os do Barbanza acadaron o empate. Ocasións claras para ámbolos conxuntos e moita igualdade no mando do encontro, pero o marcador non se moveu.

A Sarriana acadou un insuficiente empate na Ribela ante o Arteixo (2-2). O cadro local foi o dominador do partido, sobre todo na segunda metade, na que contou con ocasións para gañar o encontro con claridade. Mauro foi o autor dos dous tantos dos de Alberto López, pero o conxunto coruñés, moi efectivo, materializou dúas das tres ocasións coas que contou. Os sarriaos seguen quintos, a tres puntos do ascenso directo.

O Ribadeo superou no Pepe Barrera ao As Pontes, campión da Preferente (4-3). Segunda derrota da temporada do conxunto de Marco Roca, que se viu superado nunha gran segunda metade dos mariñáns. Sen nada importante en xogo máis que os tres puntos, os visitantes saíron amosando o por qué da súa situación clasificatoria. Bo trato de balón e moita profundidade, poñendo en apretos ao hoxe titular Javi Prieto. Dani Fernández e Rubén Pardo puideron adiantar ao As Pontes en dous remates na área pequena que saíron altos. Pero foi o infalible Bossa nun lanzamento de falta quen o fixo. O Ribadeo, sen xerar moito perigo na primeira metade, salvo nun lanzamento de Javicho logo dun erro de Óscar Rivas, logrou empatar por medio de Brais, que cun lanzamento cruzado batiu a Pelayo. Logo do descanso o encontro mudou e os de Rafa Casanova foron os dominadores do mesmo. Santi e posteriormente Luki contaron con ocasións claras. Javicho, tras unha boa xogada de Poratti fixo o segundo e Luki, aproveitando un gran pase en longo de Santi puxo terra de por medio. O As Pontes non atopaba a área rival e nun roubo de balón de Aitor, a galopada do ribadense, tras combinación con Criss rematou no fondo das mallas. Xa nos últimos compases, o líder maquillou o resultado cun tanto do pichichi Carlos e outro do viveirense Bossa cun gran lanzamento desde a frontal.



Tres puntos de ouro os acadados polo Foz no sempre complicado feudo do Boimorto (2-3). Gran primeira metade dos mariñáns, na que acadaron unha cómoda vantaxe con dous tantos de Asier. No segundo tempo, o cadro local saiu moi enchufado e en tres minutos acadaron o empate. Non se arrugaron os de Gayol e tan só uns minutos despois Rivera fixo o terceiro. Mellora considerablemente a súa clasificación o conxunto focense, quedando cinco puntos por enriba do Ordes, equipo que ocupa o primeiro posto de descenso por arrastre.

O Castro saiu goleado por un San Tirso que pelexa por evitalo descenso por arrastres (1-7). Antes dos dez primeiros minutos de xogo, os de Claudio Corbillón xa encarrilaron o encontro con dous tantos prácticamente consecutivos de Xián, que rematou cun póker. Os erros defensivos lastraron aos chairegos, que tentaron meterse no partido tras o descanso, pero sen éxito. Borja, xa co tempo cumprido anotou o tanto da honra para os de Brais Prados.

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 34)

Palabra de… Lourido: «Coa ilusión de hai

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *