Os gardamallas están de noraboa. Unha nova vila aposta por eles. Sarria quérese sumar á causa do universo dos porteiros. O próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, aparece no calendario coma unha cita obrigada para os arqueiros. Despois do recente éxito da II Batalla de porteiros de Vilalba, A Ribela convertirase no epicentro. No ollo dun furacán no que os ocupantes da posición máis ingrata nun terreo de xogo, contarán co seu día especial.
Para saber máis sobre esta novidosa aventura, falamos cun dos organizadores do evento: Fernando Currás. O adestrador de porteiros da Sarriana é o gran artífice desta realidade. Ao igual que o gardamallas do primeiro equipo Javi López.
FUTBOLINLUGO: Boas Fernando! Cóntanos un pouco de que vai todo isto da Batalla!
FERNANDO CURRÁS: A iniciativa surxiu da man de Josito, o coordinador do clube. Comentoume de facer algo relacionado cos porteiros. Decidimos facer unha batalla. Estará Javi López, e contamos coa axuda de Ayoub e Edgar Tourón. Farase a batalla o 17 de maio na Ribela.
FIL: A quen está dirixido este evento e, sobre todo, como é o seu plantexamento?
F.C: Está todo o mundo convidado. Comentaba con xente relacionada co fútbol que podían participar xogadores, porteiros… Vimos en Vilalba xogadores do Racing Villalbés competindo. Ao final, son dúas porterías enfrontadas. Os contricantenes golpean para intentar marcar gol durante dous minutos a tempo corrido. O resultado final determinará quen gana. Primeiro xogarase unha fase de grupos e despois chegarán as eliminatorias.
FIL: Unha actividade así contará co apoio do voso clube, non sí?
F.C: É unha iniciativa novidosa. A Sarriana está apostando por facer este tipo de eventos. O campus CD Lugo no verán, o torneo… O clube danos unhas facilidades. Sempre é benvido que os clubs te apoien. Tamén é importante agradecer o apoio do Concello de Sarria, Somos Fútbol Lugo (con premios), CP Gloves, MicSports Sarria e Método Mirón, do que sortearemos un vale dun mes de adestramento personal. Un sorteo que se fará entre o público e os distintos participantes.
FIL: Nos últimos tempos vemos que o fenómeno das batallas está moi de moda: Oira, Vilalba… E agora Sarria. Pódese chegar a esgotar o producto por abusar del?
F.C: Non é esgotar un producto nin ser competencia doutros. Os porteiros síntense identificados nunha cita así, pasan un día cos seus compañeiros. É unha oportunidade e que os porteiros sigan crecendo e se fale deles. Que teñan ese día no que sexan os protagonistas e non só porque teñan un fallo, que os vexan. Creamos un evento diferente nunha zona na que viamos un baleiro nese sentido. Todo o que se queira apuntar pode facelo a un simple golpe de rato neste enderezo. Haberá unha camiseta de agasallo para cada participante, entre outras moitas cousas.