
*Taboada-Chantada Atlético: O Taboada non puido culminar a súa gran homenaxe ao eterno Canti. O Chantada Atlético aférrase con uñas e dentes á categoría despois de remontar o derbi nos Chacotes. Moski adiantou aos de Martín Murado nunha primeira metade na que os branquiazuis foron de máis a menos. Na reanudación, os de Fran García cambiaron o panorama. Atopáronse coa expulsión do meta Isma nunha acción desafortunada. Debutou o xuvenil Álex no seu posto. Na última media hora, un doblete de Ariel e un tiro lonxano de Saúl déronlle os tres puntos aos visitantes. E aínda houbo tempo a un novo de gol de Moski para un Taboada aguerrido e peleón.
*Xove Lago-Pol: Encontro moi aberto e plagado de ocasións para os dous equipos. O Pol castigou os graves erros defensivos do Xove Lago nesta xornada. Rois, co seu gol, e Yebra coas súas paradas; explican a mínima vantaxe dos de Abad ao descanso. Tralo tempo de lecer, os visitantes perdonaron dende o punto de penalti e Chile igualou cunha fermosa vaselina. Foi un espellismo. Unha nova concesión puxo por diante de novo ao Pol. Iván firmou un doblete para os visitantes ante os de José Manuel. Que a pesares de ir a remolque, loitaron ata o pitido final. Sen sorte algunha.
*Friol-Outeiro de Rei: Mínima vantaxe do Outeiro nunha primeira metade na que puido conseguir máis goles. Os de Cholas puxeron terra de por medio cun tanto de Adrián Román ao comezo da reanudación. Ese ‘chicharro’ espoleou ao Friol, que cun encomiable esforzo físico salvou un punto. Alberto Buján recurtou diferenzas e Santi, cun gol no desconto, fixo o definitivo 2-2. Unha falta que se colou pola escadra dende uns corenta metros. Aínda así, houbo tempo a que Aarón Albelo tivese a última a balón parado para os visitantes. O marcador non se moveu máis, demasiadas emocións para un só día.
*Riotorto-Pastoricense: Os de Labrada volveron gañar despois de case catro meses sen facelo. Isaac aproveitou a estratexia para adiantar ao Riotorto nunha primeira metade de poder a poder. Na reanudación, os locais perdonaron a sentencia e viron como quedaban cun menos pola expulsión de Pablo Ruiz. O Pastoricense apretou e tivo o control pero non atopou o camiño do gol. E Play sentenciou no desconto tralas expulsións dos visitantes Diego Seco e Iago.


*Lemos-San Ciprián: Dominio total do Lemos nunha primeira metade na que conqueriu os dous goles do encontro. O San Ciprián mellorou as súas prestacións despois do descanso. Racha e Iago perdonaron tres boas oportunidades para meterse de novo no partido. Iso sí, os monfortinos non temeron polo triunfo e controlaron a situación sen maiores apuros. O cadro de Edu pode rubricar o ansiado ascenso esta próxima xornada.

*Burela-Atlético Escairón: O conxunto mariñán inaugurou o marcador nunha primeira metade de dominio visitante. De tódolos xeitos, os do Saviñao déronlle a volta ao resultado antes do descanso. O Burela achuchou moito despois do tempo do lecer ante un Atlético Escairón que puido matar o encontro. Non o fixo e Miguel Gomes rescatou un punto para os de Jaime Méndez no tempo de desconto.

*Chantada-Sporting Pontenova: Duelo moi aberto. A Pontenova saiu coas ideas claras, ben posicionado e buscando transicións rápidas. Os de Andrés Bouza adiantáronse e tiveron tamén un longueiro ante un impreciso Chantada que igualou ao bordo do descanso. O conxunto do Sangoñedo mellorou as súas prestacións na segunda parte. Dispuxo de dous longueiros e marcou o 2-1 a vinte minutos do remate. Aí rompeuse o encontro. Javi Ramos asinou un hat trick.
*Santaballés-Páramo: Forzas igualadas ao comezo, cunha clara ocasión desperdiciada por Vérez para os locais. E un posible penalti sobre Robertito para o Páramo. Sobre a media hora de xogo, Chechu culminou un gran contragolpe. Na segunda metade, o Santaballés creceu ante un rival ao que lle fraquearon as forzas. Os de Dani Moirón tiveron varias ocasións para sentenciar. Pero a tranquilidade non chegaría ata os minutos finais, cun doblete de Abraham. Mouce mostrando a súa faceta máis goleadora. O conxunto de Fontal complícase un pouco máis a permanencia e os chairegos mantéñense na pelexa polo ascenso. Javi Regueiro debutou coa elástica dos das Rapadas nos últimos minutos.
*Residencia-Monterroso: Dani Galán abriu moi pronto a lata. Iago Sobrado sacou partido dun roubo e empatou en medio da continua posesión da Residencia. Os de Álvaro Meilán puxéronse de novo por diante xusto antes de descanso. Na reanudación, o Monterroso arriscou e esa foi a súa condena. O cadro da Cheda pasou o rodillo e xa está a un só punto da zona de ascenso. O resultado puido ser máis abultado e Dani Galán pechou o seu doblete.


