Xa non tedes excusas. Sí, todos os que dicides que queredes deixar de ser ‘fofisanos’. Ou que vos vades alimentar ben dunha vez. Ou simplemente poñervos en forma. A Deputación de Lugo traevos unha charla sobre alimentación no deporte. Concretamente sobre a nutrición do futbolista. Así que as vosas dúbidas quedarán resoltas.
A ponencia correrá a cargo de Don Antonio Escribano Zafra. Un experto na materia. Nutricionista da Federación Española de Fútbol e Baloncesto. E tamén de clubes de renome coma o Sevilla, Deportivo ou Atlético de Madrid.
E chegados a este punto non empezedes con que vos vai custar un ollo da cara. Porque é de balde. Mellor aínda. Os asistentes recibirán un presente moi xugoso: unha entrada para o derbi da Liga LEB Ouro entre o Breogán e o Leyma Coruña. Así que non faltes. A mellor formación, gratuíta e con obsequios; está ao voso alcance. Polo tanto, apuntade ben. Venres 24 de marzo ás 16.3o horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria. Non falledes!

