Pasiño a pasiño vaise cambiando a solidariedade da sociedade e o deporte ten que estar á bandeira por ter un elemento integrador por natureza. Ademais, as boas imaxes vólvense repetir nun derbi e comprobamos que os campos de fútbol non son só para os futbolistas.
Capacidades diferentes
Os dous equipos do Friol feminino aproveitaron esta fin de semana para conseguir unha nova vitoria en cadansúa competición. As xogadoras adestradas por Josito Jul venceron ao Valladares a domicilio e suman tres triunfos seguidos que as manteñen nos postos de ascenso á 1ªB. O filial venceu á SD Chantada no duelo lucense e continúa encabezando a clasificación do Grupo I da 2ª Galega. Os dous equipos tamén quixeron visibilizar neste 3 de decembro ás persoas mal chamadas discapacitadas, xa que simplemente teñen capacidades diferentes.
https://twitter.com/PMFriolCDLugo/status/1069534635850428416


A amizade por riba de de todo
Os verdadeiros derbis deixan imaxes así de gratificantes para o fútbol provincial. Rivais no campo, pero amigos na vida. Este domingo o Riotorto derrotou ao Sporting Pontenova no duelo das Terras de Miranda da Primeira Rexional. Pero o bo ambiente quedou patente en fotos como esta á que non lle falta un ingrediente esencial nas datas que corren, o #FútbolNaLama.
O futbol danos bos momentos,pero sobretodo AMIGOS!!! @Jenerous87 @chriss7lv @futbolinlugo #derbi #RiotortocfvsPontenova #futbolnalama pic.twitter.com/Z5Pl9ahoFI
— Xose Lourido (@Odiruol) December 2, 2018
Ceibáronse as vacas
A xente do Quiroga FC non contaba con facer incorporacións de inverno tan cedo, pero as novas fichaxes buscaron o seu oco para comezar o adestramento antes ca ninguén e amosar que, ademais de xogar, tamén poden axudar noutras tarefas como a de cortar a herba e a de desbrozar os arredores do campo. O que vén sendo, unha auténtica persoa de club. A semana pasada unhas cantas vacas dun terreo lindante saíron dun sitio de seu e escaparon pacer o campo do San Martiño. A herba da «primavera de outono» sempre foi un dos mellores pastos do ano, todo antes de que comecen a chegar as fortes xeadas do inverno. A estampa que deixaron as rubias foi moi comentada nas redes sociais.
O Quiroga faise cunha nova cortacéspede ecolóxica para o mantenemento do San Martiño @futbolinlugo#EternoDeni #ImosQuiroga #JabalíMecánico #RaiónMecánico pic.twitter.com/S0BmZUcxUd
— Quiroga Fútbol Club (@QuirogaFC) November 27, 2018