#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Once da xornada 28 na Preferente Galicia

Volveu ser a segunda fin de semana de marzo de derbis lucenses na Preferente Norte cuxos xogadores teñen o seu protagonismo no once Futbolinlugo. E menos mal que houbo duelos provinciais para que algún dos nosos fixera puntos, porque os enfrontamentos lucenses contra outros rivais acabaron nesta xornada con derrota. Comezamos polo derbi do Pepe Barrera no que o Lugo B demostrou que segue en serio e pelexará ata o final por ter opcións de ascencer á Terceira División. Derrotou ó Ribadeo por 0-2 e mantén o seu man a man co Laracha por meterse nos postos de promoción de ascenso. Pedro e Adrián, que xogaba na súa terra e anotou un gol, foron os máis sobranceiros no conxunto de José Durán. Mentras o Ribadeo segue na zona tranquila da categoría e volveu ter en Luki un dos máis destacados no centro do campo.

No outro derbi da xornada cada equipo levouse un punto do Sangoñedo. Chantada e Lemos empataron a un gol e seguen sen despegarse da zona de perigo (que pode complicarse polos posibles arrastres). César, Traste e Manu foron chaves nas súas liñas para o Chantada que en fronte tivo a un gran Santi e ao polivalente Matheus que tamén gozan da súa presenza no once ideal.

 



O resto da xornada foron malas novas para o fútbol lucense. O Escairón perdeu por 1-3 ante o Arzúa no Saviñao. Os pupilos de Alberto López perderon a oportunidade de seguir enganchados á parte alta da táboa. Iago Otero, emerxeuse como un dos protagonista do enfrontamento a pesar da derrota. Tamén perdeu o Viveiro na súa visita o líder, o Noia a pesares de comezar gañando cun gol de Xenxo que tivo tamén máis oportunidades para que o seu equipo trouxera un resultado positivo de San Lázaro. E a última nota negativa pona de novo a Sarriana que perdeu 0-2 o seu partido na Ribela ante un dos conxuntos da zona alta, o Laracha. A pesar de que os rivais tampouco suman en exceso, cada vez se complica máis a salvación para os sarrianos que a vindeira semana visitarán nun novo derbi ó Lugo B.

Once da xornada 28 na Preferente Galicia

Galería de imaxes Castro-Ordes

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *