#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Futbolinlugo prepara un macroevento para os destacados do ano

Estade moi atentos á nosa web cada semana! Porque facer un gran partido cada xornada pode ter un suculento premio. Os xogadores e nomes que máis veces saian durante a temporada, tanto nos Sobranceiros, Onces, Trío de Ases ou Destacados; optarán a estar nun macroevento, totalmente novidoso en Galicia, que recoñecerá o seu gran facer alá por finais do mes de xuño.

Aqueles futbolistas que impresionen nas súas respectivas categorías formarán parte do I All-Star Futbolinlugo. Sempre e cando conten co permiso dos seus clubs para participar no mesmo. Para desfrutar dunha tarde de verán repleta de emocións e fútbol nun emblemático campo da provincia. E que xa podemos adiantar, que a falla duns flecos para pechar as negociacións, será ao 95% na Marosa de Burela.

Alí, cada un dos corenta e catro seleccionados terá dereito a participar nun dos xogos e concursos cos que comezará a festa do noso fútbol. Disparo ao longueiro dende o centro do campo, habilidades… Buscando ao mellor entre os mellores en cada unha destas modalidades. O colofón final será o Partido das Estrelas, que contará con representantes en cada unha das seguintes categorías: Preferente, Primeira, Segunda e Terceira. E non nos olvidamos do fútbol feminino, onde poderá participar unha sobranceira por cada un dos nosos conxuntos. Vintedous integrantes en cada selección aos que haberá que engadir outros dous adestradores por conxunto. Eles serán os encargados de dirixir a semellante constelación de figuras.

Os equipos serán os seguintes: Estrelas Preferente e Terceira Galicia vs Estrelas Primeira e Segunda Galicia (as mulleres xogarán catro en cada unha das escadras). Cada un dos conxuntos contará con dous porteiros e vinte xogadores ‘de campo’. Trinta e oito deles saldrán de entre os máis votados da temporada, reservando a organización seis postos de ‘invitados’. Agradecendo así tamén á xente que leva tempo colaborando con nós de xeito totalmente altruísta e desinteresado. Xa sabedes, agora toca deixarse a pel cada fin de semana ten unha recompensa aínda maior! Vémonos en xuño!



[themoneytizer id=»15360-16″]

Futbolinlugo prepara un macroevento para os destacados do ano

O partido en imaxes: Iberia C.F. –

Futbolinlugo prepara un macroevento para os destacados do ano

Palabra de… Samuel Pernas: «Breve resumo antes

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *