Cambiamos de sistema esta xornada. Un claro 4-3-3, co que reforzamos a nosa defensa. Defensa foi o que lle fallou ao Monterroso. Os de Adrián Vázquez tiveron un sonoro traspés na casa xusto antes de visitar A Cheda. Mal momento para caer. O Bóveda asaltou Cerdeiriños cunha gran actuación coral, comandada por Armesto no frente de ataque. De este xeito, o Outeiro aumenta a cinco puntos a súa distancia cos da Ulloa. O cadro azulón venceu pola mínima ao colista Antas. Gol de Rafinha e actuación destacada de Veiga.
Na zona alta a Residencia segue sen freos e contando as xornadas para cantar o alirón. Esta xornada non realizaron un gran encontro, porén sumaron os tres puntos ante o Chantada B. Borja foi do pouco salvable no cadro blanquiazul. O Riotorto recuperou a cuarta plaza grazas ao seu contundente triunfo en Xove. Un Xove que deu minutos aos cadetes Diego e Paleo. O mellor do encontro, o dianteiro visitante Iván Seco. Ademais, Santaballés e Pastoricense firmaron táboas. Bouza impuxo a súa ley no centro do campo e Iago anulou as opcións de gol locais.
Por abaixo, o Burela continúa á alza dende a chegada de Abel. Victoria na matinal do sábado ante o Páramo. Un gran Simón deixou a portería a cero e Pedro marcou o tanto decisivo. A Milagrosa, en caída libre, sucumbiu nun duelo clave ante o San Ciprián. Fabián volveu destacar nos mariñáns.


Ademais, un mal Valadouro remontou in extremis ao Chantada Atlético grazas a un doblete de Felipe Varela. Por último, Foz e Taboada igualaron na Medela. En parte grazas ás paradas decisivas de Berni para os de Gayol. Emilio marcou para os de Emilio García. Eso sí, o mellor no cadro blanquiazul sobresaliu Alberto.