Os Máxicos da undécima xornada deixaron moita emoción e intensidade na provincia, de novo con Salvatierra Abogados.
O Outeiro de Rei remonta diante dun combativo San Lázaro (2-1). Logo dunha primeira parte igualada na que apenas houbo ocasións, o San Lázaro executou o seu plan de partido con transicións e, mediado o segundo tempo, anotou o 0-1. Porén, o tanto alentou a un Outeiro que logrou combinar cun maior dinamismo e anotou dous goles para remontar o choque na recta final e deixar os tres puntos na casa.
O Pastoricense e o Foz asinan unha xusta igualada (1-1). Ambos conxuntos xogaron coas súas armas no Acebreiro ao longo da primeira parte, e o balance foi de varios disparos para os Máxicos locais e unha ocasión moi clara para os focenses. No segundo tempo o partido foi moito máis aberto, con chegadas claras para os dous equipos, ata que o Foz asinou un gol olímpico cando xa se cumpría o minuto 80′. Pouco despois, o Pastoricense aproveitou unha falta lateral para facer a igualada e repartir os puntos que había en xogo.
O Guntín e a SD Chantada empatan no Ladairo (0-0). O Guntín, no que debutaba Germán Campos como adestrador, dominou con claridade nun primeiro tempo no que puxeron máis intensidade que os seus rivais e tan só Moncho evitou o gol local. Na segunda metade, porén, a SD Chantada colleu o pulso do partido, comezou a inquedar a meta local con chegadas claras e incluso reclamou un penalti na área do Guntín. Finalmente, ningún dos Máxicos tivo acerto nas súas fases de dominio e o marcador inicial non se moveu, 0-0.
Os Máxicos do Outeiro acadan unha meritoria victoria
O Lourenzá supera con claridade ao Monterroso (2-0). O «Atleti» estrenou equipación cun plan de partido propio dos da Santa Cruz, agardando ao rival para transitar. Froito dunha desas transicións chegou o primeiro gol local tras un centro de Manu. Na segunda metade, o Monterroso saiu moi intenso e estivo preto do empate no primeiro terzo, pero outro contragolpe ben executado polos Máxicos locais puxo o definitivo 2-0 no electrónico.
A Residencia non da opción ao Meira (8-0). O gran fútbol combinativo dos Máxicos capitalinos, unido a unha mala versión defensiva do Meira, fixo que o marcador ao descanso fose de 4-0. Na segunda metade, o cadro visitante baixou os brazos e os locais gozaron de numerosas ocasións, ampliando a diferenza ata o 8-0 final.
O Chantada Atlético perde diante do Taboada (0-2). O dominio posicional e posesional dos locais non inquedou aos visitantes, que agardaban repregados as súas oportunidades en transición. O resultado ao descanso era de 0-0, pero unha falta lateral a prol do Taboada traduciuse no 0-1 e un bo contragolpe dos Máxicos de Martín Murado puxo o definitivo 0-2 diante dun Chantada Atlético que mostra bo fútbol, pero ao que se lle resiste o gol.
O Burela segue líder tras levar o derbi ante o Xove Lago (4-1). O Xove saiu máis intenso e agresivo que o Burela, e acadou o 0-1 nun bo remate de Cora. Tras o primeiro cuarto de hora, os Máxicos de Oke colleron o pulso do choque e conseguiron empatar por medio dun tiro lonxano de Diego Chao. Na segunda metade, o gol inicial de Jairo López inclinou a balanza a prol dos locais, que aproveitaron os espazos que deixaron os visitantes para transitar e facer dous goles máis (4-1) para dexiar os tres puntos na Marosa.
O Santaballés e o Castro empatan sen goles na Liga (0-0). Os visitantes foron un pouco máis incisivos na primeira metade, pero o Santaballés soubo defenderse e neutralizar o xogo rival. A segunda parte, coa nota negativa da lesión de Novás, estivo máis trabada e apenas houbo oportunidades claras para ningún dos dous equipos, aínda que o Santaballés fixo méritos para levar un premio algo maior diante dun Castro que non se atopou cómodo en ningún momento na Liga.
O Racing Villalbés ‘B’ salva un punto diante dun gran Oural (1-1). O Oural mostrou un gran fútbol no Roca, sobre todo desde o golazo que asinou Cayuela no 20′. Kaká errou unha ocasión clara pouco despois do tanto visitante, mentres que o Oural gozou de varias oportunidades na segunda metade, pero a falta de pegada valeulles aos chairegos para facer a igualada ao aproveitar un remate de Álex chegando ao 90′. Ao final, reparto de puntos que sabe mellor para o filial racinguista.
A Milagrosa vence na casa do Vila do Corpus (0-2). Chegou a primeira victoria a domicilio da Milagrosa neste curso, aínda a pesares das baixas coas que chegaban os de Madriles a Ponteareas. Os Máxicos lucenses souberon agardar o seu momento, cun plan de partido claro e mostrándose moi sólidos na faceta defensiva. Ao final, o bo traballo semanal tivo o seu premio con dous goles no tempo engadido (0-2) que levaron tres puntos de ouro cara Frigsa.