Diario dun mercado. Episodio 71
Este mercado de fichaxes non para. Nin sequera en domingo. Hoxe, Futbolinlugo chega con importantes e sorprendentes (algunhas, moito) novas. Comezando pola Terceira División, na que o CD Lugo «B» demostrou que confía no cadro de xogadores que acadou o ascenso na 2017/2018, renovando á meirande parte deles.