Diario dun mercado. Episodio 252

Volve o fútbol amateur á provincia. O vindeiro domingo comezarán a temporada os clubes da Terceira RFEF, mentres que o día 19 o farán os lucenses da Preferente. Aínda así, non todos os equipos teñen pechados os seus cadros, en particular os da Primeira, Segunda e Terceira Galicia, que terán que agardar unhas semanas máis […]

As nosas redes falan: edición especial corentena

Foto de portada: Facebook Muimenta SD As competicións levan paradas máis dun mes e medio na provincia. Os obxectivos pasan a un segundo plano. Non hai que anunciar partidos nin dar conta dos goles. Por iso toca reinventarse. Varios equipos lucenses desenvolven estes días nas redes diversas actividades para entreternos neste confinamento. Xa sabedes que […]

O partido da xornada… CD Cospeito – SD Muimenta: o derbi xógase na casa

É un deses partidos diferentes. Un auténtico duelo entre veciños. Un encontro cuxa rivalidade habería que buscala na prehistoria. Moito antes de que chegase o fútbol. Na raíz máis fonda das rivalidades locais que, para ben ou para mal, temos por estas terras. A envidia do veciño só lle falta ser deporte olímpico. En pleno […]

Diario dun mercado. Episodio 135

Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!

A cor e o corazón celeste volven á Segunda

Un equipo con himno e con sentimento de pertenza, xogue na categoría que xogue, está sempre en Primeira. Non obstante, as circunstancias deportivas non adoitan errar. Podes ter mala sorte, pero sempre te van ir colocando no punto no que mereces estar. Un bo exemplo é o Muimenta. Logo de dous descensos consecutivos dende a […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

O partido da xornada . . . Palas C.D. – C.D. Guntín: o liderato do grupo Sur en xogo

Este sábado ás 16 horas, o Palas, líder do Grupo Sur da Segunda Autonómica recibe nos Chacotes ao cuarto clasificado, o Guntín, pero só separados por un punto na clasificación. Un encontro dos máis atractivos neste fin de semana de retorno do fútbol na nosa provincia despois do parón polas festas do Nadal. Malia derrota […]

O partido da xornada . . . Roupar – Xermade: igualdade nun derbi entre aspirantes ao ascenso

Atopar un derbi entre dous equipos do mesmo concello no noso rural non é doado. Pero Xermade é a excepción. Na xeografía do concello chairego atópanse competindo actualmente catro equipos: Xermade, Roupar, Cabreiros e Cazás, mentras que un quinto, o Momán fíxoo ata non fai moito tempo. Polo que, para os 1.884 xermadinos (dato de […]

O partido da xornada . . . Antas S.D. – S.C.D. Milagrosa: tres puntos e moita autoestima en xogo

O Castro Seoane será o esceario do gran derbi do fútbol feminino lucense. Antas e Milagrosa, os dous representantes do noso fútbol na máxima categoría do fútbol galego mídense este domingo ás 12 horas, nun encontro importante para ambas escadras, na súa pelexa por escapar da zona de perigo. Logo de once xornadas disputadas, as […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Ribadeo F.C.: máxima igualdade no derbi da Mariña

Chega o derbi máis agardado na Mariña. Viveiro e Ribadeo, dúas das vilas máis emblemáticas da comarca. Capitais da Mariña Occidental e Oriental respectivamente sepáranas máis dos sesenta kilómetros que indica o mapa. Unha estrada do século pasado e unha vía de ferrocarril practicamente abandonada fan que os dous pobos parezan máis afastados do que […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – S.D. Chantada: vellos coñecidos, mesmos obxectivos

Antes de comezala temporada, ao falar de posibles candidatos ao ascenso de categoría na Primeira Autonómica, Lemos e Chantada aparecían en case que tódalas apostas. Ben é certo que a competición, a medida que vai transcorrendo vai poñendo a cada equipo no seu lugar, pero no caso destes dous clubes, con só cinco xornadas disputadas, […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Taboada C.F: o derbi en campo neutral

Unha das datas sinaladas en vermello no almanaque dos xogadores e siareiros de Chantada e Taboada é a deste domingo. Enfrontamento directo entre equipos veciños, entre amigos e compañeiros, pero durante os noventa minutos grandes rivais. A cita será ás 17:30 horas deste domingo día 16, pero o encontro non poderá disputarse no Sangoñedo, ao […]