Remataba o ano futbolístico na Primeira Autonómica e Felipe Varela quixo despedilo 2017 ao grande. O A.C.D. Valadouro necesitaba o triunfo ante un Bóveda que pelexa por saír da zona baixa, e o dianteiro contribuiu con un repóquer. Os de Julio César Castro gañaron 6-2 e asoman a cabeza pola zona media da clasificación.

Non é esta a temporada que agardaban no Valadouro. O equipo non atopa a regularidade que precisa e desde que comezou o curso aínda non foi quen de enlazar dúas victorias consecutivas. Teñen a oportunidade de logralo este domingo no campo do Árbol ante outro equipo da zona baixa, o Sporting Pontenova.

Do encontro ante o Bóveda e da temporada do equipo falounos o goleador Felipe Varela.

FUTBOLINLUGO: O sábado lograche un repóquer de goles ante o Bóveda. Algunha vez conseguiras marcar cinco goles no mesmo encontro?

FELIPE VARELA: A verdade é que nunca o lograra. Nalgún encontro amistoso sí os teño marcado, pero en competición oficial é a primeira vez.

Con estes cinco, Felipe Varela acércase ao seu rexistro habitual de goles por temporada

FIL: Con cal dos cinco te quedas? Algún foi especialmente bonito?

FV: Non foi moi bonito especialmente ningún deles. Pero se me teño que quedar con un sería con terceiro que foi o 4-2. O central non controlou ben o balón, róubollo e quédome só ante o porteiro e marco pegado ao pao. Foi o gol que nos deu a tranquilidade no partido de cara a conseguilos tres puntos.

FIL: Malia o resultado, non foi un partido cómodo ante o Bóveda. Incluso tivestes que remontar.

FV: Non foi un partido nada cómodo. Somos un equipo que normalmente tendemos a relaxarnos con equipos que están por debaixo de nós na clasificación. Créannos ocasións e moitas veces temos que comezar por detrás no marcador e cóstanos sacalos encontros adiante, como foi o caso do Bóveda.

FIL: Nesta xornada recibides ao Sporting Pontenova no Árbol. Partido para distanciarse definitivamente da zona de perigo?

FV: Non nos distanciaríamos definitivamente, pero sí que sería un paso importante, ao igual que o foi o último ante o Bóveda. Son partidos que, como che digo, nos costa sacar adiante, pero si conseguimos gañar co Sporting Pontenova acadaremos un pequeno colchón de puntos para estar na zona máis tranquila.

Felipe Varela, de pé o primeiro pola dereita

FIL: Fai un tempo decíanos Carlos Cora que este ano para o Valadouro quedar entre os oito primeiros sería unha boa clasificación. Estás dacordo?

FV: Quedar entre os oito primeiros sería unha gran clasificación, pero agora mesmo, por distintas circunstancias non estamos capacitados para estar competindo cos equipos de arriba. Tamén creo que un partido podémosllo gañar a calquera, pero aguantarlles o tirón na clasificación é moi complicado para nós esta temporada.

FIL: É previsible que non teñades problemas pola parte baixa da táboa e tamén que a zona alta vos quede lonxe. Pode ser unha falta de motivación, se ocorre isto, non ter un obxectivo claro de cara á segunda volta?

FV: Non é falta de motivación, pero é moito máis bonito poder loitar na parte alta e poder optar ao ascenso, pero non o consideraría así. Simplemente se viven os partidos doutra forma.

FIL: Analizamos nun artigo de fai poucos días aos goleadores da Primeira Autonómica,e case todos son mariñáns e ti con estes cinco goles tamén vas estar ahí entre eles. Non cres que o nivel dos dianteiros da comarca pode ser incluso dunha categoría superior?

FV: A verdad é que si. Hai moi bos goleadores na Mariña, de feito soen quedar cada temporada dous ou tres xogadores entre os máximos realizadores da categoría. Desde aquí quero decir que é unha mágoa que os equipos de categorías superiores non aposten por estes rapaces que aínda teñen idade para facer algo importante, e si fagan fichaxes de xente de fóra.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*