Sete dos oito máximos artilleiros da Primeira Autonómica pertencen a equipos da Mariña de Lugo. Soamente Diego Arias, xogador do Lemos, é quen de asomala cabeza nos primeiros postos con dez dianas.

O pichichi é Juanjo Coello con trece goles. O dianteiro do Xove Lago, formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro xa ven amosando a súa capacidade goleadora nas últimas temporadas, incluso sendo xuvenil, xa foi quen de marcar unha cifra considerable de goles en Preferente co equipo do Landro.  Tal e como nos di «estou moi contento porque os goles axudan ao equipo a conseguir puntos e iso é o máis importante. Ogallá cheguen máis pra poder loitar polos primeiros postos da clasificación«. Pero o potencial ofensivo dos xovenses non remata ahí. Diego Chao xa leva nove goles, e é outra das claves da gran temporada dos homes de Miguel Sancosmed. «Diego e eu entendémonos e complementámonos moi ben no campo, beneficiámonos mutuamente á hora de conseguir goles para o equipo» comenta Coello.

Juanjo Coello, en labores de presión, ante Lucho do Monterroso

Unha das grandes sorpresas da temporada en Primeira Autonómica é a irrupción goleadora de Asier. O xogador do C.D. Foz xoga no medio do campo e xa foi quen de marcar doce goles, dous desde o punto de penalti. Para él «é unha sorpresa, xa que nunca fun goleador, pero ogallá siga a racha porque é bo pra min e o equipo«. O tridente ofensivo dos focenses complétase con Manolo, fichaxe estrela chegado do Valadouro, e que xa fixo oito dianas, e con Ibán Gayol con seis. Según Asier «non só somos os tres, temos un gran equipo co que podemos optar ao ascenso«.

Asier, nun encontro ante o Sporting Pontenova

Malia que non comezou moi acertado, Borja Mella xa ocupa o cuarto posto no ranking de goleadores con nove tantos. Pichichi da categoría a pasada temporada, o xogador do C.D. San Ciprián é un killer a ter moi en conta, e será fundamental para a ansiada salvación do seu equipo.

Borja Mella, do C.D. San Ciprián

Tamén con nove goles figura un debutante na categoría: Adrián Pasarín. O dianteiro do Sporting Pontenova contribuiu cun doblete ao triunfo do seu equipo na Mina ante o Ferreira, nun encontro clave pra escapar dos postos de perigo. Non debemos esquecernos da dupla atacante do Valadouro, malia que polo momento non teñen grandes cifras o máis lóxico é que rematen cunha boa cifra de goles. Carlos Cora e Felipe Varela teñen nivel pra logralo.

Con sete goles aparece un defensa!! Dani, do C.D. San Ciprián. Cal é a clave da capacidade goleadora dos xogadores mariñáns? Para Juanjo Coello «non é unha sorpresa, todo o mundo coñece o potencial de grandes xogadores e equipos que hai nesta zona e penso que se está a demostrar«.  O focense Asier indica que «é sinónimo de que se están a facer as cousas ben» e tamén incide na importancia do número de equipos mariñans que hai na categoría, «os derbis entre nós sempre aumentan o nivel e a motivación«.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*