#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Ramón, titular na volta do Fisterra á Terceira División 38 anos despois

Foto de portada: Facebook Club Lemos

A segunda xornada da Terceira Galega deixa sensacións moi distintas nos equipos lucenses. Por unha banda, o Viveiro é o líder do grupo norte. Logo da súa vitoria en Fisterra con protagonismo goleador para os irmáns Tichu e Xaime. Por outro lado, o Racing Vilalbés e o Polvorín non puideron xogar o derbi por mor dos casos de covid no equipo capitalino. O cadro adestrado por Álex Ortiz aínda non se estreou nesta tempada. Tampouco foi unha xornada demasiado boa para os #LucensesNaTerceiraGalega.

O partido con máis lucenses e a reestrea de Ramón:

Ramón volveu este ano á 3ª Galega logo do seu paso polo Club Lemos

Ramón foi titular no regreso do Fisterra a Terceira División. O gardamallas pasa a historia do club xunto cos seus compañeiros. Un deles, o ex xogador do Racing Vilalbés, Juan de Dora. Aínda que o resultado non acompañou. E iso que se adiantaron no marcador por dúas veces.



O porteiro soberino xogou o seu sexto partido na 3ª. Regresa a categoría co cadro fisterrán logo da súa experiencia no Fabril e no Somozas. Un 31 de xaneiro do 2016 debutaba na división defendendo a porta do filial branquiazul no Morrazo ante o Alondras. Na tempada 2016/2017 xogou dous encontros máis co Fabril e na 17/18 participou noutros dous co Somozas.

Dez titulares da provincia no Viveiro. Ao igual ca tres dos catro trocos que fixo Chusky. En total no Ara Solís houbo 14 xogadores da provincia que tiveron minutos.

Os triunfadores:

Primeira vitoria do Fabril do capitán Villares. Na estrea de Valerón en Abegondo como adestrador en partido oficial. Triunfo claro sobre o Paiosaco. O vilalbés xogou os 90 minutos por segundo encontro consecutivo. O seu rival na anterior xornada tamén logrou os tres puntos. O Somozas sumou de tres ante o Estudiantil Vista Alegre. Aldán Naval entrou de novo no tramo final do partido. Xusto cando o encontro se puxo 1-3 favorable ao seu equipo. O conxunto verde e branco aínda conseguiría un tanto máis para pechalo resultado en Santa Isabel.



No grupo do sur, o Arousa conseguiu a súa primeira vitoria. Foi no Couto ante a UD Ourense. No cadro adestrado por Rafa Saéz volveu ter protagonismo Martín López Ross. O lucense xogou todo o partido. O Arenteiro sumou o seu segundo triunfo seguido. Nun duelo especial para o seu adestrador e varios dos xogadores do equipo do Carballiño. Enfrontáronse ao seu ex equipo, o Ourense CF. Quen non tivo oportunidade sobre o céspede da Regueiriña en Barbantas (xogouse aquí por mor das restricións sanitarias no Carballiño) foi Víctor Eimil. O vilalbés non repetiu titularidade no lateral dereito.

Duelo de centrais lucenses nas Eiroas:

En Carballo empataron o Bergantiños e o Silva. Con cadanseu central lucense. Iago López xogou todo o encontro no cadro local. E Xusto fixo o mesmo no Silva. Os dous equipos suman dous puntos neste inicio de curso.

Tamén empataron o As Pontes (próximo rival do Racing Vilalbés) e o Arzúa. Volveron ser da partida Álex Vázquez e Pedro Delgado. Aínda que o mediocentro chantadino foi trocado no minuto 65 por Marcos García. Brais Prieto si que estaba na convocatoria, pero non tivo a oportunidade de saltar ao terreo de xogo. O adestrador Javi Rey realizou tres trocos dos cinco que agora pode realizar.

Quen tamén xogou todo o encontro foi Alberto Suárez co Choco na Senra. Pero desta volta, o conxunto choqueiro non puido co intratable Ribadumia (2-1).

E en empate tamén rematou o partido arbitrado por trío lucense nesta xornada. Iván Abel Bruzos, xunto con Alberto Blanco Méndez e Pedro Castro Gómez foron os encargados de impartir xustiza en Calabagueiros no Barco 1-1 Alondras. Foi o único encontro con protagonismo lucense na arbitraxe. Jesus López e o seus ían ser os encargados de dirixir o derbi da Madalena. Pero finalmente non se puido xogar.

Ramón, titular na volta do Fisterra á Terceira División 38 anos despois

Un golazo de Xaime sitúa ao Viveiro

Ramón, titular na volta do Fisterra á Terceira División 38 anos despois

As nosas guerreiras da fin de semana

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *