Choque de trens, dous equipos en forma na procura dunha praza de ascenso á Primeira Rexional: S.D. Burela e S.D.C. Cabreiros. Será este domingo ás 15:30 h. no campo da Marosa. Os locales, son colíderes na clasificación empatados co Guitiriz, e non ocupaban ese postos desde a sexta xornada de liga. Pero a tan só un punto, terceiro está o Cabreiros, polo que se antolla un encontro de alta tensión.

A S.D. Burela, por pobo, historia e afección ten a obriga de ascender, logo de que o ano pasado non puidera mantela categoría. Pero no terreo de xogo as cousas son máis complicadas e o paso dos burelaos pola categoría non está a ser un camiño de rosas. A igualadade existente entre os equipos fai que cada encontro sexa trascendente, e moito máis se o enfrontamento é contra un rival directo. Pero chegados a este tramos de competición, o equipo está a responder ben, nove encontros sen perder e conta os últimos cinco por victorias. Unha das pezas clave do equipo é Javi Celes, autor de dez goles no que vai de liga. “Estamos no noso mellor momento, tanto por resultados como por estado de forma, temos que seguir traballando para non baixalo ritmo e seguir nos postos de ascenso” di o burelao. Para o ex da Candelario e Valadouro “nós non nos escondemos, loitamos por subir pero esto é moi longo e todos imos fallar de aquí ao final”. Do rival o próximo domingo “preocúpame a calidade individual dos xogadores do Cabreiros, a súa capacidade para sobrepoñerse é o que os mantén ahí arriba. Sabemos que van xogar replegados tentando perder tempo e aproveitarse de erros nosos ou do balón parado” confesa Javi Celes.

A Marosa albergará este encontro entre aspirantes a xogar o vindeiro ano en Primeira

O S.D.C. Cabreiros pola súa banda xoga sen a presión por ascender do seu rival, pero a competición situouno aos xermadinos por méritos propios na loita polos primeiros postos. Ata a pasada xornada, os pupilos de José Manuel eran os líderes, pero a derrota no seu campo ante o Pol, outro dos galos, colocounos terceiros. Para Borja Pellón, xogador do Cabreirospara nós este partido é vital, xa que para seguir enganchados arriba temos que puntuar ou gañar, e podemos facelo xa que o equipo está ben. O Burela tamén, están nunha boa xeira de resultados“. Para o encontro do domingo, a Pellóno que máis me preocupa é o campo, se está en boas condicións podemos facer un bo partido, pero será un encontro igualado con poucas ocasións e o que teña máis acerto levarase os tres puntos“. Para él a pelexa polo ascenso “é ir partido a partido e poder verse arriba tentando non perder cos que están na loita e gañándolle ao resto, na primeira volta o Gutiriz parecía que estaba ascendido e agora está todo igualado“.

 

ESTA FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Norte

Polvorín S.D. – U.D. Paiosaco (Sábado ás 16:30 no Ceao): Duelo por todo o alto. Os de José Durán, logo do importante triunfo ante o Betanzos, reciben ao líder. O filial do C.D. Lugo pode situarse a un punto no caso de acadala victoria.

O meta Cacharrón será peza clave no encontro ante o líder

S.D. Outeiro de Rei – Ribadeo F.C. (Domingo ás 17 h. no Municipal): os locales tentarán resarcirse do varapao sufrido o pasado domingo en Cantarrana, mentras que os mariñáns quererán sumar pra seguir mirando de preto os postos de ascenso.

Primeira Autonómica: non hai liga esta fin de semana

Segunda Autonómica

S.D. Ourol – C.D. Alfoz (Domingo ás 16:15 en Trasvias): partido vital pola permanencia. O Ourol, que non coñece a victoria ten a derradeira oportunidade de engancharse á permanencia, mentras que o Alfoz, que só conseguiu dous dos últimos trinta puntos, tentará lograla victoria para asomala cabeza na táboa.

S.D. Chantada B – S.C.D. Milagrosa (Sábado ás 16 h. no Sangoñedo): A irregularidade o filial chantadino fíxolle perder o posto de ascenso en favor do Oural. Tratará de recuperalo ante unha Mila que necesita os puntos para non verse en apuros a final de temporada.

A Milagrosa tentará escalar postos na clasficación no que resta de liga

Terceira Autonómica

C.D. Goiriz – A.D. Catro Roldas (Sábado ás 16 h. no Ventiño): derbi por todo o alto na Promoción de Ascenso. O Goiriz é líder  e un triunfo situaríao nunha posición inmellorable, pero os de Román ben seguro que quererán afianzarse na parte alta.

O derbi vilalbés ben seguro que volve ateigar o campo do Ventiño

Muimenta S.D. – Celta Barreiros (Domingo ás 16:15 no Pichón): ningún dos dous equipos coñecen a derrota nesta segunda fase. Os locales queren dar caza ao líder, Friol B, ao igual que os barreirenses, que parecen ter superada a baixa da súa estrela Djibi.

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*