Pois xa que teño a oportunidade de falar un pouco sobre este gran deporte, vou aproveitar para dar a miña opinión sobre a actualidade do fútbol nas categorías máis modestas. Nas que un servidor ten o pracer de xogar…

A verdade é que o fútbol tenme dado moitas alegrías pero tamén algunhas decepcións. Despóis de competir durante a toda temporada e non lograr os obxectivos marcados ao comezo da mesma… Pero aínda así non se me borran as ganas de seguir outra tempada máis. E xa van unhas cantas.

No que a min respecta, teño pasado por moitos equipos dende as categorías xuvenís ata a Segunda e Terceira Rexional. Quédame a ilusión de xogar na Primeira Rexional. Quizais non teña a suficiente calidade para esa categoría pero sempre me definín como un loitador incansable. Unha persoa implicada, seria e responsable ca parte que me toca como xogador e como bon compañeiro dos meus compañeiros…

Tamén considero que a palabra «futbolista» non significa soamente vestirse de corto os domingos e saltar ao céspede. Creo que esa palabra implica tamén cumplir co resto de tarefas que ten un xogador. Como asistir e dalo todo nos adestramentos. E por suposto nos partidos. Ser responsable e quedarse na casa o día antes dun partido en vez de saír a tomar unhas copas ata altas horas…

O que noto dende hai unhos anos cara aquí é a falla de compromiso dos xogadores cara os seus equipos. A verdade que é unha magoa porque ben sei que detrás de cada equipo hai unha tarefa moi importante da man das directivas. Que sempre tratan que aos xogadores non lles falte de nada. E a tarefa de xuntar uns cartos para afrontar os custos das temporadas. Bueno, como dixen antes eso vai dentro de cada xogador ca sua implicación

Volvendo un pouco ao persoal gustaríame mencionar aqueles equipos onde realmente tiven a miña mellor experiencia no fútbol. Como foron aquel magnífico Luis Pimentel, onde fixemos unha gran tempada e terminamos levantando a copa diputación. Tamén o Sdc San Roque e Sporting Lucense, onde conseguimos ambos ascensos despois dun ano de moito traballo e ilusión…

Non podería olvidarme na vida dun clube coma o Catro Roldas que me fichou no mercado de inverno e apostou forte por min. Clube ao que lle estarei eternamente agradecido e no que fun realmente feliz.

Esta tempada xoguei no A. D. Matela, quizais o equipo máis humilde da categoría pero non só no seu presuposto como club. Tamén na súa xente, xa que esta chea de moi boas persoas tanto na directiva coma no vestiario. Foi un pracer competir con eles ata o final malia non conseguir o ascenso… O futuro… Quen sabe? Ao mellor chama Bartomeu jeje.

Sen mais agradezo a gran labor que estades facendo co tema de FutbolinLugo. Anímovos a seguir sendo un referente no tema do fútbol galego. Apertas para todos e non mancarse!

Manuel Soto Beceiro. Xogador do Matela

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*