O Cervo, o Corgo e o Incio seguen ao seu, gañando partidos e achegándose ao obxectivo de estar ben posicionados na primeira fase para afrontar a seguinte competición polo ascenso. O máis beneficiado da xornada foi o Incio, ao empatar o Sober e perder o Río Sil, polo que ten unha diferenza de cinco puntos co segundo da clasificación. Comercial e FC Becerreá foron os conxuntos que descansaron esta xornada.

No grupo norte, continúa o bo estado de forma e de resultados do Cervo que venceu a domicilio ao Celta Barreiros deixando o encontro sentenciado no primeiro cuarto de partido, aínda que o conxunto adestrado por José Luis «Moñi» no se veu abaixo pero non foi quen de superar a portería rival. Segundo mantense o Catro Roldas logo de colleitar un importante triunfo no Pichón ante o Muimenta. O mellor dos terceiros clasificados da Terceira nestes momentos está no grupo norte, e é o Goiriz que derrotou pola mínima ao Celeiro. Quen segue sen gañar é o Cazás, a pesar de anotar tres goles (dous deles do debutante Marcos e un de volea dende fóra da área de Chuchi) non puido superar ao Rioaveso que anotou catro.

No grupo centro, o Corgo aproveitou o empate do Fonsagrada para ampliar a súa vantaxe antes de ter xornada de descanso a vindeira fin de semana. Derrotou ao Friol B nun encontro que comezou moi ben: «posiblemente fosen os 25 mellores minutos da temporada», afirmou o segundo adestrador Hugo Vázquez. Non obstante, terminaron pedindo a hora e o porteiro Dani evitou o empate do filial friolés no tempo engadido. O Fonsagrada non pasou do empate co Guntín que desaproveitou a oportunidade de colocarse terceiro. Quen se resiste a deixar de pelexar é o Rábade que venceu ao Laxosa e suma dez puntos na súa primeira temporada. Ademais con sobranceiros, como foi o  gol de Marcos a pase de Jairo.

No grupo sur, o Incio é máis líder logo de derrotar con claridade a un Relámpago Taboada que chegou a ocupar o primeiro posto pero que agora leva tres derrotas consecutivas. Cun grupo moi implicado, onde destacaron Vila, Urdi e Torres, ademais do golazo de Lynget dende o vértice dereito da área; o Incio presenta a súa candidatura sendo tamén o conxunto menos batido da categoría con Emilio baixo paus. O Sober non pasou do empate ante o Paradela. E o Río Sil foi superado por un Quiroga que se resiste a deixar de pelexar por estar na fase do ascenso.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*