#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Os nosos equipos de Terceira, a exame

De novo o fútbol lucense volta a contar con dous conxuntos lucenses na Terceira División. Logo de que nos últimos anos Ribadeo e Castro tiveran presencia na categoría, na pasada temporada só o Racing Vilalbés foi o que paseou o nome da nosa provincia por toda a xeografía galega. Ademáis do conxunto chairego, o Polvorín logo dunha gran campaña en Preferente na que logrou o ascenso será tamén equipo de Terceira.

Ámbolos dous clubes apuran a súa posta a punto a pouco máis de quince días para que se baixe o pano da nova temporada.

Sergio Arias regresa ás súas orixes e xogará no Portomarín esta vindeira temporada

O Racing Vilalbés afronta un ano de importantes trocos, logo de completala mellor temporada da súa historia, chegando á segunda rolda dos play off de ascenso a Segunda División B. Trala saída de Óscar Gilsanz, colle o timón do equipo chairego un vello coñecido: Xoan Peón. Tamén causaron baixa tres xogadores que formaban parte da columna vertebral do equipo: Antonio, Villares e Sergio Arias.  Para sustituilos chegou á Madalena unha mezcla de veteranía e xuventude. Javi Ballesteros, con pasado no C.D. Lugo e máis recentemente no Barco e Laracha reforzará a parcela atacante, xunto co prometedor Juan de Dora, que ven de militar nas filas do Sofán. O cadro vilalbés tamén contará catro xogadores formados na base do Lugo: Gonzalo Edrosa (C.D. Castro), Julio Camba (Viveiro C.F.), Álex Vázquez (S.D.C. Residencia), e Diego Rey (S.D. Compostela), así como con Santi Taboada, que chega do Boiro.

Con estes mimbres, e sen esixencias clasificatorias o Racing Vilalbés tentará darlle continuidade ao bo traballo realizado nas pasadas temporadas para acadar unha posición cómoda na clasificación.



O «killer» Cuadrado seguirá a ser a referencia ofensiva dos de Durán

O outro conxunto que nos representará este ano na Terceira será o Polvorín. O filial do Clube Deportivo Lugo acadou o ansiado ascenso logo de dous anos de pelexa. José Durán seguirá aos mandos do equipo, no que o máis reseñable é a aposta pola continuidade. A ampla maioría do plantel renovou e chegan xogadores como Antón Escobar (Choco) e Varo (Alondras) que proxección e que veñen de realizar unha gran temporada nesta categoría. Tamén chegou Ruchi, defensa formado no clube, pero que disputou a última temporada no Castro. A día de hoxe é posible a súa saída cara outro clube da categoría. Asímesmo dous xogadores como Quezada e Calderón que fixeron parte da pretemporada co Lugo xa están ás ordes de Durán e formarán parte do filial.

Aínda que o premisa princial será a permanencia nesta primeira temporada, o filial lucense non renunciará a un obxectivo máis ambicioso chegado o momento.

Foto portada: @CDLUfutbolbase



 

Os nosos equipos de Terceira, a exame

Diario dun mercado. Episodio 93

Os nosos equipos de Terceira, a exame

Diario dun mercado. Episodio 94

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *