#Fútbol afeccionado #Máis fútbol

O I Ranking Futbolinlugo chega á súa fin

Xusto antes de que a nosa vida cambiase, o pasado xaneiro, abría un clube de pádel no barrio das Gándaras, en Lugo: Lucus Padel. Desde Futbolinlugo, propoñíamos a todos os futbolistas da provincia que acudisen a Lucus Padel para participar nunha competición por equipos, pero esta vez coa palaa.

A primeira edición desta novedosa actividade lúdica tivo a 12 parellas competindo, algo que consideramos un éxito por ser a primeira edición e ter comezado a mediados da campaña. A idea era crear un nexo de unión entre os distintos conxuntos, ademáis de achegar a xogadores, adestradores, directivos…

A fase final desta primeira experiencia na mestura de pádel e fútbol ía ter lugar o pasado xuño, pero a Covid-19 impediu que esa data puidese levarse a cabo e, finalmente, terá lugar este sábado en Lucus Pádel: eliminatorias directas en función da clasificación da primeira e segunda rolda até que tan só quede un vencedor. Desde as 10 horas ata as 21, os futbolistas de toda a provincia competirán polo campionato tendo un mínimo garantido de dous partidos por equipo. A xornada estará aberta ao público, pero sempre suxeitos ás recomendacións e restriccións sanitarias.



Velaquí o cadro de eliminatorias, así como a clasificación da segunda fase. Castro, Outeiro de Rei, Sarriana e Futbolinlugo parten como favoritos despois de firmar unha excelente participación antes e durante a pandemia!

Agradecemos unha vez máis a Lucus Pádel a súa boa disposición e a calidade da organización do torneo!!



O I Ranking Futbolinlugo chega á súa fin

Seguinte parada, a Preferente

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *