25 abril de 2015. Xa pasaron máis de cinco anos e aínda recordo aquel día. Semellaba unha semana normal, un domingo normal. Pero todos os astros se alinearon naquela tarde ante o Xallas de Santa Comba.

A acta do famoso partido ante o Xallas

Quizais debera darlle máis importancia ao que decidín compartir aquel día en Twitter. A famosa canción de Gol. Feito premonitorio do que estaba por vir. Pitido inicial no Sangoñedo. Un gol, dous goles, tres goles. Todos meus e demasiado tempraneiros. Despois do terceiro, pregunteille ao colexiado canto tempo ía de xogo. Pensaba que sobre uns dez minutos pero trascurriran exactamente tres minutos e corenta e cinco segundos. Toma xa!

Todas esas xogadas de centro-remate que traballabamos durante a semana e que nunca salían, ese día si. Quizais é aínda máis satisfactorio cando un é adestrador-xogador. O problema foi que precisamente esa faceta miña non mo fixo desfrutar como debera. Acabou o encontro e xa estaba pensando no seguinte cos tres puntos no peto. Manías e teimas dos adestradores. Quizais o tivese desfrutado máis se vise os goles horas despois do partido. Como adoitabamos facer, xa que sempre se gravaban os encontros da casa (para traballar sobre eles e darlles unha volta co corpo técnico). Pois a miña sorpresa chegou cando o filme caseiro empezaba no minuto 4. Sen os tres primeiros goles. Sería interesante preguntar á xente de por alí que pasou e a razón para non estar gravados, sigo sin entendelo…

A actuación estelar de Óscar Méndez ata saíu no Marca

Polo menos funme percatando da importancia do conseguido con toda a repercusión que tivo este hat trick. Con todas as entrevistas que me fixeron de medios, incluso nacionais. E incluso, debo admitir que estes días, revisando todo o que hai pola casa, para facer este textiño; me facía máis gracia. Tamén, e xa en frío, recoñezo que foi máis doado meter os tres goles que todas as temporadas que estiven de adestrador-xogador. Tarefa complicada…
Antes de despedirme, quero admitir que tentei ver se podía facerme co Récord Guinness ao hat trick máis rápido. Pero sen o dichoso vídeo… Enviei o tema pero pedían non sei que cousas. E pasei do tema. Eso si, o recordo está aí.
Óscar Méndez Sandiánez. Clásico do fútbol provincial. Ex-xogador e adestrador de sona no sur de Lugo
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*