Si amigos, é certo. A nosa provincia non fai más que avanzar no que atinxe ao fútbol feminino. Hoxe falaremos do debut en competición oficial da SCD Milagrosa «B».

Tras a creación este verano do Ribadeo FC feminino, mediante un convenio entre o clube do Eo e o Sporting Pontenova, e a incorporación dun filial na Milagrosa, xa son cinco os equipos de féminas que representan á provincia de Lugo.

A Milagrosa «B» naceu coa idea de comezar a incorporar as futuras promesas da canteira lucense na competición sénior, sen que teñan que dar directamente o salto á Primeira División Galicia. O filial do equipo de Frigsa quedou, encadrado, polo tanto,  no Grupo Coruña da liga de Fútbol-8, enfrontándose a Sporting Cambre «B», Olímpico, Xuventude de Crendes, Orillamar, Eiris «B», Carral «B», Sporting Burgo «B» e Rayo Sadense.

O pasado domingo tivo lugar a esperada cita para todas as xogadoras e afeccionados ao fútbol: o histórico debut da SCD Milagrosa «B». E debut inmellorable: victoria ante o Olímpico por 0-1 no Complexo Deportivo de Vilaboa, cun gol de Goretti aos nove minutos de xogo.

As xogadoras que participaron neste encontro foron Iria, Paula Rodríguez, Paula Insúa, Lara, Goretti, Lucía, Luchi, Ana, Ángela, Ariadna, María, Eva e Icía. Esta xornada toca descanso para a Milagrosa, polo que o debut no Gorgoso terá que agardar!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*